Un rapaz de Arteixo gaña o I Premio Guillermo Domínguez
O I Premio de Ensaio Subversivo Guillermo Domínguez, convocado polo instituto Xelmírez I, foi a parar a Iván Rocha Regueira, alumno do IES Manuel Murguía de Arteixo, polo seu ensaio Consideraciones sobre la desaparición. O premio está dotado con 300 euros e un lote de libros.
O xurado motivou a súa decisión en base á calidade deste traballo segundo aspectos formais, de contido e da actitude amosada. Nesta liña destacan a solidez da estrutura argumentativa, a frescura e orixinalidade nas expresións, o dominio de léxico axeitado e o estilo impecable na exposición. Así mesmo, a proposta dunha apoloxía da identidade e da individualidade como plataforma para unha praxe transformadora efectiva entronca co carácter crítico e subversivo do premio.
Fonte: Galicia Hoxe