Unha cova de Lugo ocultaba as únicas pinturas rupestres de Galicia

A cova de Eirós, na aldea de Cancelo, no municipio lucense de Triacastela, vai camiño non só de ser a Atapuerca galega, senón tamén a Altamira do noroeste peninsular, tras o descubrimento de pinturas rupestres con motivos de animais. Á espera da proba do carbono, os expertos sitúan a súa elaboración fai 30.000 anos, baseándose no estilo e a técnica empregada. Son as primeiras pinturas rupestres achadas en Galicia.

Este o cuarto ano de escavacións nesta gruta natural, datada no Paleolítico, por un equipo de investigación da Universidade de Santiago (USC) que comanda Ramón Fábregas, catedrático de Prehistoria, co apoio de arqueólogos da Universidade Virgili i Rovira de Tarragona. Fábregas guiou onte ao reitor da Universidade, Juan Casares Long; ao conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, e a outras autoridades, entre elas a alcaldesa de Triacastela, Olga Igrexas, polas reviravoltas da cova para anunciar publicamente o descubrimento. Antes deste achado, as escavacións no subsolo xa permitiron recuperar desde 2008 máis de 4.000 pezas, restos de animais e ferramentas do home do Paleolítico, cunha antigüidade de entre 35.000 e 85.000 anos.

”A cova Eirós convértese na primeira manifestación de arte rupestre paleolítico do noroeste peninsular”, explica o equipo de investigadores, “o que enche un importante baleiro neste ámbito, posto que os paralelos máis próximas están en representacións ao aire libre dos vales fluviais de Foz Côa e Alto Sabor no norte de Portugal, e nas cavidades da Viña, Penada de Candamo ou Pena Escura na cuenca de río Nalón en Asturias”. O achado desatou as declaracións de entusiasmo dos representantes institucionais. “Ano tras ano esta gruta séguenos deparando sorpresas e datos novos sobre a prehistoria de Galicia. Agora apareceron pinturas rupestres únicas na comunidade”, resaltou. O reitor compostelán, Juan Casares Long, puxo o acento en que o descubrimento supón “unha magnífica mostra dos resultados que ofrece a cooperación interuniversitaria en materia de investigación, co apoio recibido desde a Administración autonómica”.

Os arqueólogos explicaron que durante a campaña de escavacións do ano pasado atoparon os primeiros indicios na cova, identificados posteriormente como dous tipos de manifestacións artísticas, pinturas en negro e gravados. ?As pinturas en negro, usando carbón vexetal como pigmento, atópanse nun panel principal formando contornos de animais incompletos, liñas de puntos e marcas na parte inferior das paredes. Nalgúns casos estas marcas son usadas para resaltar morfoloxías naturais das paredes que suxiren figuras zoomorfas, recurso moi común na arte paleolítico. Os motivos máis numerosos son os gravados, caracterizados pola presenza de surcos con seccións en V e delineaciones rectilíneas e sinuosas que configuran un repertorio moi amplo, entre as que destacan as representacións figurativas e segmentos anatómicos de zoomorfos, signos e paneis intensamente gravados con cantidades de liñas superpuestas”, detallan os investigadores. As pinturas atópanse moi difuminadas polo paso do tempo e a humidade. “Non son tan evidentes como en Altamira, pero se poden equiprar ás pinturas rupestres atopadas na Meseta, no Cantábrico, en Francia ou en Portugal”, explicou a alcaldesa. “E puidéronse conservar grazas á xeoloxía. Triacastela é do pouco de orixe calizo que existe en Galicia e iso permitiu que durasen miles de anos”, subliña Igrexas.

Eses miles de anos han de cuantificarse aínda, pero a hipótese é que a súa idade sexa duns 30.000. “Os motivos non son moi evidentes, nin tan característicos como os que estamos afeitos ver na arte rupestre do Cantábrico”, explicou un dos arqueólogos, Arturo de Lombera, quen apuntou que algunhas liñas non figurativas coinciden con outras mostras de pintura paleolítica do norte de España.

Enrique Alkorta, responsable de arqueoloxía da rede museística da Deputación de Lugo, e aventura que, da mesma forma que aparecen agora esas pinturas que suxiren formas animais, se se profunda na cova deberían acharse “grupos que representan cousas”. “Agora hai que investigar o xacemento, escavalo e polo en valor, pero iso aínda tardará anos”. A campaña actual desenvolverase ata o 9 de setembro e confíanse en atopar máis vestixios relacionados coas pinturas.

Fonte: El País