Visita á Biblioteca Juan Josè Arriola da Universidade de Guadalajara
A actividade dos editores galegos na FIL contou hoxe cunha visita á Biblioteca Juan José Arreola, da Universidade de Guadalajara, un centro ubicado na localidade de Zapopan, en Guadalajara, Jalisco, e que pertence a un complexo cultural do Estado tapatio actualmente en construción. Acompañadas por Judith Martínez Ponce e polo Director o Dr. Juan Manuel Durán Juárez, os editores visitaron os fondos editoriais, mexicanos e procedentes das doazóns realizadas por outros países.
O centro conta tamén coa biblioteca particular do fundador do xornal El Informador, bibliófilo recoñecido en México, propietario de numerosos e prezados volumes, algúns deles de máis de cinco séculos.
Os visitantes poideron fotografar os fondos galegos doados nas diferentes visitas e participacións dos editores na FIL.
Fonte: AGE