Voz Natura despide o curso cunha gran festa medioambiental
Miles de escolares reuniranse o vindeiro sábado no concello coruñés de Culleredo para celebrar o fin de curso do programa de educación medioambiental Voz Natura. O parque de Acea de Ama (a 6 quilómetros da Coruña) será un ano máis o escenario desta cita que se converteu xa nunha referencia para os galegos de calquera idade, participen ou non en Voz Natura, que poderán acceder libremente ao recinto e participar gratis nas actividades entre as 11.00 e as 19.30 horas.
Na web do programa Voz Natura pódese consultar o listado coas propostas para gozar dunha xornada en grao sumo completa na que non faltarán hinchables, un tiovivo, talleres diversos, xogos, competicións deportivas, teatro, música… O epicentro da festa estará na sala de exposicións, onde se poderá ver unha mostra dos 298 traballos ambientais realizados ao longo do curso a través do programa da Fundación Santiago Rei Fernández-Latorre. Os autores dos proxectos máis destacados desta decimosexta edición -co colexio Seminario, de Lugo, á fronte como ganador do Premio Galicia- recibirán os seus galardones nun acto que se realizará ás 13.30 horas. Antes, ás 12.00 horas, tamén recollerán os seus premios os ganadores dos certámenes convocados durante este curso por Prensa-Escola, o programa da Voz de Galicia desenvolvido tamén pola Fundación Santiago Rei Fernández-Latorre e, neste caso, coa colaboración da Obra Social de Novacaixagalicia.
Fonte: La Voz de Galicia