Educación Plástica e Visual 1.º ESO
Este libro mostra diversos tipos de experiencias artísticas, técnicas ou manipulativas relacionadas coa imaxe. Están integradas nun conxunto deseñado de tal xeito que abrangue a totalidade dos obxectivos correspondentes ao primeiro ciclo de ESO.
Ano: 2002
Nº de páxinas: 200
ISBN: 978-84-89803-95-4
Este libro mostra diversos tipos de experiencias artísticas, técnicas ou manipulativas relacionadas coa imaxe. Están integradas nun conxunto deseñado de tal xeito que abrangue a totalidade dos obxectivos correspondentes ao primeiro ciclo de ESO, conforme ao estabelecido na lexislación vixente. Cada Unidade Didáctica reflicte un concepto básico da formación plástica, desenvolvéndoo mediante procedementos significativos, relacionados co mundo moderno e cos medios de expresión actuais. En cada unidade coñecerase unha técnica diferente; co fin de que se entenda así a variedade e complexidade de usos que abarca a área de Educación Plástica e Visual. Cada unidade vai acompañada dos obxectivos didácticos correspondentes, xunto cun Mapa Conceptual e un Glosario de termos relacionados coa mesma, que aparecen resaltados no texto en negriña, de xeito que axuden a fixar os conceptos básicos. Cada unha vai precedida, ademais, por unha pequena tira cómica identificada con algún dos contidos de que trata.