María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970)
Romero Masiá, AnaMaría Barbeito precisaba dun estudo histórico-biográfico, un texto con contexto, elaborado entre a historia social, a microhistoria e a historia cultural. Aquí está. Con soltura na escrita, cos detalles queridos á historia local, coa estrutura dunha coidada monografía, para mostrarnos o perfil dunha destacada educadora.
Ano: 2014
Nº de páxinas: 296
ISBN: 978-84-9995-141-6
VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO
VISUALIZA O PRÓLOGO DE ANTÓN COSTA RICO
ESCOLMA DE TEXTOS. Selección de Ana Romero
María Barbeito precisaba dun estudo histórico-biográfico, un texto con contexto, elaborado entre a historia social, a microhistoria e a historia cultural. Aquí está. Con soltura na escrita, cos detalles queridos á historia local, coa estrutura dunha coidada monografía, para mostrarnos o perfil dunha destacada educadora.
O presente estudo está organizado seguindo un criterio temático-cronolóxico. A esta introdución seguen catro capítulos dedicados aos catro ámbitos básicos da actividade de María Barbeito: o profesional, o benéfico-social, o literario-cultural e o das actividades cívicas e feministas. A eles segue un capítulo dedicado á traxedia que significou a depuración a que foi sometida e que determinou a separación da docencia, unha nova etapa na súa vida marcada polo silencio, a nostalxia e o sufrimento.
«Este libro recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no ano 2014».
Venda do libro electrónico AQUÍ.
Máis información:
- Ana Romero fala do seu libro no Diario Cultural.
- Información da presentación na AELG.
- Información da presentación en La Voz de Galicia.
- Entrevista a Ana Romero no Praza Pública.
- Temas
- Historia de mulleres galegas