Tres mulleres galegas de armas tomar
Guillermina Domínguez, historiadora, e Felicia Estévez, filóloga, actualizan un traballo que tivo xa un gran percorrido e que obedece a unha demanda tanto nos centros de ensino como nos focos de investigación do papel das mulleres na historia e da súa visualización na sociedade actual.
O seu obxectivo non é facer unha profunda investigación, senón só –que non é pouco– transmitir o pulo que mulleres como as que son o eixo da publicación lle deron á mesma historia, o que loitaron, o que sufriron por seren mulleres.
Ano: 2009
Nº de páxinas: 92
ISBN: 978-84-9995-286-4

A obra, estruturada en tres partes, comeza cada unha delas cunha reflexión sobre a vida das mulleres no tempo que a cada unha das protagonistas lles tocou vivir: o século XIII para María Balteira, o XIV para María Castaña e o paso do XVI ao XVII para María Soliña.
As autoras empregan como fontes, ademais de bibliografía, documentos históricos que consultan en arquivos ou cantigas medievais, contrastando a interpretación que estas fontes ofrecen sobre as tres Marías coa súa propia, tendente a desbotar os mitos que a ideoloxía patriarcal creou sobre as tres protagonistas... como sobre outras tantas mulleres.
Noticias de interese
El Correo gallego e A Nosa Terra (páx. 24-25).
Eva Mejuto recomenda a obra Tres mulleres galegas de armas tomar no ZigZag Diario.
- Temas
- Historia de mulleres galegas