A voz das últimas cigarreiras coruñesas. Lembranzas dun tempo ido
A voz das últimas cigarreiras coruñesas....

A voz das últimas cigarreiras coruñesas. Lembranzas dun tempo ido

Romero, Ana e Santiso, Xulia
978-84-9995-388-5
31,80 €
IVA incluido

Baia Edicións

Darlles voz ás cigarreiras. Iso mesmo debeu pensar Emilia Pardo Bazán. Darlles voz directa, non falar sobre elas ou por elas, senón que sexan elas as que falen por si mesmas. Nesta ocasión non puidemos ir á Fábrica de Tabacos —agora convertida en Audiencia Provincial— pero buscamos lugar no que encontrarnos para falar con elas. Así, ao longo de horas de conversa con Pilar, Cani, Lolecha, Mariceli, Rosi, Elena, Camocha, Matucha, Elvira e Rosalía puidemos comprobar como —pasados xa case 20 anos do peche da Palloza— seguen emocionándose cando rememoran o seu paso polos diferentes talleres, as relacións cos xefes, as festas na fábrica, as dificultades para compaxinar traballo e familia... e, sobre todo, a dor e a tristura dos últimos días como cigarreiras.

Ano: 2022
Nº de páxinas: 176
ISBN: 9788499953885

As entrevistas tratan de recoller as lembranzas de múltiples aspectos relacionados co seu traballo, pero tamén sobre ese sentimento —que aínda manteñen— de ser cigarreiras. Moitas das cuestións presentadas están precedidas por textos literarios —a maioría de Pardo Bazán— que serven para establecer similitudes, contrastes ou para evidenciar os profundos cambios que se produciron no traballo desas mulleres co paso do tempo.

Esta publicación ten como sentimento de partida algo similar ao que debeu de atraer a Pardo Bazán cando elixiu a Fábrica de Tabacos e as súas operarias para escribir La Tribuna. Esa fermosa novela dálle voz a un colectivo de mulleres que, malia a época na que foron retratadas, xa se converteran en forza cívica que acabou por contribuír a darlle forma a idiosincrasia desta cidade. Ou aínda máis. Emilia Pardo Bazán detectou a fortaleza destas mulleres contribuíndo a poñelas no papel de protagonistas dos cambios sociais que daquela estaban a acontecer. En realidade, dona Emilia non fixo máis que actuar como testemuña (pioneira, perspicaz) dunha realidade que aínda non era recoñecida.

Noticias de interese

Entrevista a Ana Romero sobre o libro no xornal La Voz de Galicia.

O xornal El Ideal Gallego fai eco da presentación do libro na Libraría Moito Conto.

Entrevista a Xulia Santiso e Lolecha sobre o libro A voz das últimas cigarreiras coruñesas no Diario Cultural.

Magnífica entrevista de María Solar a Ana Romero no ZigZagFDS onde falaron das cigarreiras coruñesas e da mestra e pedagoga Mercedes Tella.

Temas
Historia de mulleres galegas

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.