Mulleres espontaneadas. Fraxilidade humana e cópula carnal nas comarcas do Eume e Ferrol (XVIII-XIX)
Gañadora do VI Premio de Investigación Hume 2021 (As Pontes)
Esta obra é o resultado da investigación de Angel Arcay Barral sobre as nais solteiras de finais do século XVIII. Este ensaio presenta os datos sobre a existencia dunha figura xurídica exclusiva de Galiza, as espontaneadas, que abría a porta á normalización da existencia de nais solteiras con todos os dereitos, o que lles permitía vivir a súa sexualidade sen dobregarse á vontade masculina.
Ano: 2023
Nº de páxinas: 68
ISBN: 9788499953847
Gañadora do VI Premio de Investigación Hume 2021 (As Pontes)
Ángel Arcay Barral realiza un importante estudo, centrado nas comarcas do Eume e Ferrol e no que recupera 555 expedientes do Arquivo Notarial da Coruña, sobre aquelas mulleres que se presentaban voluntaria ou obrigadas ante as autoridades para autoinculparse polo feito de teren quedado embarazadas. Estas mulleres, na inmensa maioría dos casos viúvas ou solteiras, contan ante as autoridades todo o proceso do preñado coa intención de recibir o perdón pola franqueza das súas declaracións, logrando con iso tamén un salvoconduto para non seren molestadas por tal feito.
Ángel Arcay, dando continuidade a investigacións similares realizadas por Ana Romero Masiá, Serrana Rial García e Miguel García-Fernández, explica as chaves e a importancia deste concepto xurídico case descoñecido e único na Galiza dos séculos XVIII e XIX.
Noticias de interese
Ángel Arcay gaña o premio de Investigación Hume no xornal La Opinión.
Información sobre a presentación do libro na Central Librera de Ferrol no xornal La Voz de Galicia e en Enfoques.gal.
Análise da obra de Ángel Arcay no xornal eldiario.es.
O xornal El País faise eco da noticia do premio de Investigación Hume 2021.
Entrevista a Ángel Arcay no xornal La Opinión.
O xornal La Voz de Galicia analiza a obra de Ángel Arcay despois da súa presentación en Ferrol.
Entrevista a Ángel Arcay en Radio Fusión.
Ángel Arcay fala da súa obra no xornal La Voz de Galicia.
Conversa no programa Unha tarde no Muiño sobre o libro Mulleres espontaneadas.
Análise da obra no blog Historia de Galicia.
Ángel Arcay fala das mulleres espontaneadas no programa de Pilar García Rego ZigZag TVG.
A partir do minuto 14:00, Ángel Arcay fala das mulleres espontaneadas no programa de María Solar ZigZag Fin de semana.
Análise da obra no xornal El Ideal Gallego.
Entrevista de Andrea Oca a Ángel Arcay sobre a obra no programa de Galicia Informativo da RTVE.
Conversa entre Dani Seixo Paz e Ángel Arcay pola canle ACLP Roxín Roxal de YouTube e Facebook.
'Mulleres espontaneadas' tamén no programa "La rosa de los vientos", de Onda Cero. A partir do minuto 2.06.44.
Ángel Arcay Barral presenta Diario Cultural o libro Mulleres espontaneadas. Fraxilidade humana e cópula carnal nas comarcas do Eume e Ferrol (XVIII-XIX).
- Temas
- Feminismo
Historia de mulleres galegas
Tamén che podería gustar