Moito que contar. Dépor e radio: dúas paixóns e un cento de historias
Moito que contar. Dépor e radio: dúas paixóns e...

Moito que contar. Dépor e radio: dúas paixóns e un cento de historias

Viña, Moncho
978-84-9995-450-9
Sen stock
24,00 €
IVA incluido

EN PREPARACIÓN

Este libro é un exercicio de xornalismo. A carón dos grandes nomes do deporte agroman tamén persoeiros e feitos menos visibles. A historia e a intrahistoria. Seguimos o Deportivo de onte, de hoxe e de sempre. As súas xestas nacionais e internacionais e as súas lendas: Amancio, Arsenio, Luís Suárez, Vicente, Fran, Djukic, Bebeto, Mauro Silva ou Djalminha. O foco ábrese para inserir historias do Celta ou do Compostela e doutros deportes como o baloncesto, o ciclismo ou o hóckey.

Sobre o traballo metódico e vivencial de Moncho Viña, un dos grandes xornalistas deportivos galegos, Moito que contar ábrese tamén ás achegas que realizaron Alfonso Hermida, Adrián Viña Menéndez e Henrique Rabuñal. O libro contén ademais un feixe de fotografías que inmortalizan tempos e lugares.

Ano: 2024
Nº de páxinas: 280
ISBN: 978-84-9995-450-9
Autoría: Moncho Viña


 

Tamén che podería gustar

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.