Viñetas en vegliota
Viñetas en vegliota

Viñetas en vegliota

978-84-9995-466-0
20,00 €
IVA incluido

A banda deseñada galega (BDG) é unha parte substancial do noso patrimonio artístico e literario, a cal goza cada vez con máis voces activas, un maior prestixio institucional e masa lectora. Pese a isto, as súas orixes e historia non gozan da atención académica que merecen. Neste libro adentrámonos nas orixes da mesma nos anos 70, para dar a coñecer á sociedade os autores, obras e procesos que botaron a andar a novena arte en Galicia; así como aquelas características estilísticas, narrativas e temáticas que diferencian a nosa banda deseñada da realizada noutros territorios. Descubrimos, así, un proceso marcado pola experimentación, tradición, creación colectiva e reivindicación, que revolucionou e expandiu dun xeito rompedor as marxes da nosa historia cultural.

Ano: 2025
Nº de páxinas: 86
ISBN: 978-84-9995-466-0
Autoría: Uxío Pérez López

NOTICIAS DE INTERESE

Entrevista ao autor no xornal La Opinión A Coruña.

Uxío Pérez López fala da súa obra no xornal Nós Diario.

 

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.