As mulleres na historia

  1. As mulleres nas Matemáticas

    15,00€

    Este libro tenta achegar as mulleres e as Matemáticas a calquera que teña curiosidade, pero está especialmente pensado para que sexa accesible ás estudantes e aos estudantes de Secundaria.

    Máis información
  2. Outro mundo é posíbel: O reino da necesidade de Vandana Shiva

    9,00€

    Unha das mellores vías en tanto que abrangue ambas as dúas posibilidades, ao meu entender, é a que ofrece o pensamento e a práctica ecofeminista de Vandana Shiva, de aí que comece por subliñar que é un acerto a publicación dun libro como este de Anna Cervera que contribúa a que se divulgue e discuta a obra dunha das mulleres máis activas.

    Máis información
  3. As mulleres na Filosofía

    15,00€

    A presente obra pretende tratar os dous aspectos implícitos na ambigüidade do seu título: as mulleres como obxecto e como suxeito do pensamento.

    Máis información
  4. Tres mulleres galegas de armas tomar

    12,00€

    Guillermina Domínguez, historiadora, e Felicia Estévez, filóloga, actualizan un traballo que tivo xa un gran percorrido e que obedece a unha demanda tanto nos centros de ensino como nos focos de investigación do papel das mulleres na historia e da súa visualización na sociedade actual.

    O seu obxectivo non é facer unha profunda investigación, senón só  –que non é pouco– transmitir o pulo que mulleres como as que son o eixo da publicación lle deron á mesma historia, o que loitaron, o que sufriron por seren  mulleres.

    Máis información
  5. Ferreñas e Rock and Roll

    17,00€

    Ferreñas e Rock and Roll é un catálogo ilustrado a toda cor no que se outorga protagonismo a trinta e unha músicas ou formacións integramente femininas que marcaron un antes e un despois tanto nos seus respectivos estilos como no conxunto da música galega.

    Laura Romero ao lapis, Iria Pedreira ás letras e Baía Edicións á maquinaria xuntan os seus talentos nunha obra única que foi distinguida cun dos premios do II Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade convocado en 2018 pola área de Benestar Social, Educación e Políticas da Deputación da Coruña.

    Máis información
  6. Feminino singular, en plural

    13,00€

    É ben sabido que a historia ten unha débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito.

    É tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado.

    É tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza poética, vai por e para elas, mulleres pioneiras, valentes e loitadoras.

    Feminino singular, en plural é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade.

    Non cesaron na súa afronta para intentaren acadar una sociedade máis afable, xusta e de igualdade. Sabela e Roi, unha nena e un neno coma vós, son os primeiros en faceren o percorrido por estas páxinas. Acompañádelos?

    Máis información
  7. XelArias. Palabra á intemperie

    13,00€

    A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora.

    Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura.

     

    Máis información