Retallos da nosa historia

  1. Tres mulleres galegas de armas tomar

    12,00€

    Guillermina Domínguez, historiadora, e Felicia Estévez, filóloga, actualizan un traballo que tivo xa un gran percorrido e que obedece a unha demanda tanto nos centros de ensino como nos focos de investigación do papel das mulleres na historia e da súa visualización na sociedade actual.

    O seu obxectivo non é facer unha profunda investigación, senón só  –que non é pouco– transmitir o pulo que mulleres como as que son o eixo da publicación lle deron á mesma historia, o que loitaron, o que sufriron por seren  mulleres.

    Máis información
  2. Breve historia da Coruña

    10,00€

    Esta Breve Historia da Coruña pretende ser curta, manexábel e divulgativa. En nada busca ser exhaustiva nin comprensiva, porque non se poden esgotar nunhas poucas páxinas asuntos que xeraron polémicas sen conto.

    Máis información
  3. Cartas no exilio

    5,00€

    A edición dunha correspondencia contén moi diversos e variados traballos de investigación, que se adaptan mellor ao traballo en equipo que ao individual. Desde os inicios deste proxecto, na primavera de 2003, varias persoas implicáronse nel, desde a paixón investigadora e a xenerosidade do saber.

    Máis información
  4. O Santiaguiño de Carreira

    8,00€

    Este libro baséase nalgúns datos da primeira etapa en Carreira, cando a xente maior me explicaba con tanta paciencia e tanto cariño como se vivía "daquela" e nos primeiros anos dos 1990.

    Máis información
  5. Manuel Lugrís Freire. A fe na causa

    12,00€

    O ensaio de Xosé Manuel Fernández Costas destaca a figura de Manuel Lugrís Freire como precursor en moitos aspectos: foi o primeiro que fixo unha peza de teatro galego en prosa, como autor dramático xogou un papel clave na creación dun teatro nacional galego...

    Máis información