Física 2º Bach.
Física 2º Bach.

Física 2º Bach.

Fernández Fernández, Vicente
978-84-9995-423-3
48,00 €
IVA incluido

O libro de texto de Física 2.º de Bacharelato que presentamos resulta da revisión e modificación de edicións anteriores para adaptalo ao Decreto156/2022, de 15 de setembro, que establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O desenvolvemento teórico da materia acompáñase de Exercicios resoltos, que pretenden servir de guía e axuda ao alumnado para traballar as competencias específicas.
 
Ao final de cada tema propóñense unha serie de Exercicios, que se separan en Cuestións e Problemas, acompañados da solución correspondente, intentando facilitar o traballo autónomo das alumnas e dos alumnos e fomentar a competencia de aprender a aprender.

Unha gran parte destes exercicios foron propostos nas PAU e ABAU de Galicia entre os anos 2003 e 2022.

Pechan os temas os Mapas conceptuais dos mesmos, que se pretende sirvan de axuda clarificadora dos conceptos adquiridos e nunca como substitutivos concentrados do texto para a súa memorización.

Ano: 2023
Nº de páxinas: 424
ISBN: 978-84-9995-423-3

 

Tema 1 Repaso de conceptos
Tema 2 Campo gravitatorio
Tema 3 Campo eléctrico
Tema 4 Campo magnético
Tema 5 Indución electromagnética
Tema 6 Movemento harmónico simple
Tema 7 Movemento ondulatorio
Tema 8 A luz e as ondas electromagnéticas
Tema 9 Óptica xeométrica
Tema 10 Física relativista
Tema 11 Física nuclear e partículas atómicas
Apéndices Alfabeto grego | Datos do sistema solar | Nome e símbolo dalgunhas magnitudes físicas coas unidades do SI | Táboa periódica

MATERIAIS DA AULA VIRTUAL

1 produto máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.