Infantil-Xuvenil

  1. Papiroflexia iniciación

    10,00€

    A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pregadura –preferentemente fixa- dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente, na idea de creación do nada.

    Máis información
  2. Miña querida Sherezade

    12,95€

    Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os personaxes que viven dentro de ti danche as costas porque non podes ofrecerlle a vida que eles queren. Caes enfermo. Tés tanta febre que súas tinta. E sentes a morte moi preto. Eu non quero rematar así. Sei que aínda teño unha historia máis que contar. Non está nas miñas páxinas, senón gravada no meu corazón. E non é unha soa, senón moitas.

    Venda do libro electrónico AQUÍ.

    Máis información
  3. O segredo do lagarto arnal

    13,00€

    Despois de dársenos a coñecer coa súa primeira novela, Violeta tamurana, gañadora do IV Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2010, Andrea Maceiras sorpréndenos de novo cunha obra que procura, tamén nesta ocasión, romper cos tabús e achegarnos a unha realidade vista aínda co receo pola sociedade.

    Venda do libro electrónico AQUÍ.

    Máis información
  4. A neve e o lume

    12,00€

    A neve e o lume representa unha achega á literatura galega da narrativa gótica, á vez que unha sentida homenaxe á poetisa arxentina Alejandra Pizamik, da que se recuperan diversos poemas que serven de motivo introdutorio a cada un dos capítulos da novela.

    Venda do libro electrónico AQUÍ.

    Máis información
  5. Bandeiras negras

    12,00€

    Páxina a páxina, coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas de máis sona: Bonnet, England... e Flint, o temible capitán do Walrus.

    Máis información