Infantil-Xuvenil

  1. Historia das mulleres galegas. Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres

    11,50€

    En 2013 corenta e oito mulleres foron asasinadas polas súas "parellas sentimentais" no reino de España. O terrorismo, en troca, deixou de ser unha preocupación para a sociedade. A violencia contra as mulleres preocupa un 0,3 por cento.

    Venda do libro electrónico AQUÍ.

    Máis información
  2. Historia de Galicia. Da vida nas covas ás acampadas nas prazas

    11,50€

    Preguntas todas que se resolven neste libro de forma didáctica e amena, cunha linguaxe directa e dirixida á procura da súa rápida compresión por parte das galegas e galegos máis pequenos.

    Máis información
  3. Dinosauros. 150 animais prehistóricos de pequenos a grandes

    10,00€

    Durante máis dun século os dinosauros fascinaron tanto os científicos como o público en xeral, de novos a vellos. A palabra DINOSAURO significa “lagarto terrible” e sintetiza a impresión que nos producen. Aínda que algúns foron os animais máis grandes que nunca pisaron o noso planeta, outros moitos eran pequenos e áxiles. Este libro móstranos a gran variedade de tamaños que adquiriron os dinosauros: algúns non eran máis grandes que unha pomba, outros pola contra eran mesmo máis longos que cinco autobuses postos un detrás do outro.

    Máis información
  4. Norocai

    10,00€

    Imaxinade un tempo remoto no que o mar lle declarou a guerra á terra. Esta, sorprendida polo ataque, mostrouse incapaz de frear o pulo das augas... Así morreu a terra coñecida e naceu Norocai...

    Máis información
  5. Orballo da mañá...

    10,00€

    No fondo sentía moito deixar alí á súa amiga, que coñecera soamente unhas semanas atrás... no entanto unha parte da súa alma ficaba mesturada coas areas do incrible deserto.

    Máis información
  6. Sanatoria. Historia dos nenos raros

    17,70€

    Francesc Grimalt, no prólogo da súa obra e a xeito de conclusión, dinos: "Só un neno eterno podería introducirse sen levantar sospeitas en todos os cárceres de nenos raros para os liberar e estender a loucura até o último recuncho deste enfermo mundo de cordos".

    Máis información
  7. O mundo máxico de Tolkien

    15,00€

    Tes entre mans unha obra única no seu xénero. Ao pasar as páxinas, descubrirás un universo máxico e fabuloso, habitado por criaturas a cada cal máis abraiante. Achégate á Terra do Medio, un país extenso cheo de marabillas e de estrañas historias extraídas do maxín do excepcional narrador inglés J.R.R. Tolkien.

    Máis información
  8. Cleopatra. Raíña do Nilo

    13,50€

    Desde o seu ascenso ao trono até a súa tráxica morte, Cleopatra levou unha vida excepcional, polo que aínda hoxe estamos cativados polo seu encanto, intelixencia e valentía.

    Na nosa colección de Grandes personaxes, reais ou imaxinarios.

    Máis información
  9. Drácula

    15,00€

    O mozo pasante de notario, Jonathan Harker, marcha a Transilvania para finalizar a venda dunha mansión en Londres para o conde Drácula. Personaxe inquietante, con costumes estraños, Drácula provoca que o mozo se atope cada vez máis a desgusto, sentíndose prisioneiro da súa maléfica empresa. En Inglaterra, a bela Lucy loita contra o mal misterioso que a corroe pouco a pouco, coa axuda do Dr. Van Helsing, experto en criaturas fantásticas...

    Máis información
  10. O mago de Oz

    15,00€

    Durante un violento tornado, Dorothy e mais o seu can Totó son levados polos aires e aterran no país de Oz. Para volver á súa casa, a neniña debe encamiñarse cara á Cidade Esmeralda, onde atopará o famoso mago de Oz, a única persoa que a pode axudar. Seguindo o camiño de lousas amarelas, Dorothy vai coñecer os curiosos habitantes do país de Oz...

    Máis información