Infantil-Xuvenil

  1. A cova dos mouros

    10,00€

    Unha cova máxica chea de personaxes e sobre todo de aventuras vai pasando ante nós páxina a páxina. Abdul medra pouco a pouco coñecendo seres diferentes nun universo novo para todos nós.

    Máis información
  2. A pantasma telefónica

    10,00€

    Agora sabían o xeito de localizar a pantasma e poderían tentar illala. Só que... algo non estaba a marchar como estaba previsto, xa que pouco a pouco a mensaxe da pantasma foi tomando forma de novo no móbil e na computadora de Xulia...

    Máis información
  3. Améndoas e flores silvestres

    11,80€

    Avanzaba o século XI cara ao seu remate nunha época de xenreira, de escravitude, de pandemias, de liortas e de guerras... Roi nace nunha pequena aldea asentada no val onde remata o reino de Galicia.

    Máis información
  4. A herdanza do Marqués

    14,00€

    2ª edición. Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.

    Máis información
  5. Tres mulleres do seu tempo

    10,00€

    Descubre as tres divertidas pezas teatrais que integran esta obra, onde a autora mestura con naturalidade o real e o fantástico.

    Máis información
  6. O informe do empregado Mendes

    10,00€

    É este un libro de bruxas namoradas que non poden mostrar o seu amor, de ras saltaricas que aprenden da intelixencia e bondade, de fadas que arrolan nenas pobres, de mundos cobizados e afastados que impiden ver o próximo...

    Máis información
  7. Miguel Strogoff

    19,00€

    Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares. Recuperación dun clásico da literatura universal para que os lectores e lectoras máis novos gocen coa xeografía de Rusia e Siberia e vivan en tensión as aventuras e desventuras do heroe.

    Máis información
  8. Os globos de andar

    10,00€

    Os globos de andar é unha historia que pon de manifesto as mellores cualidades da infancia dun xeito orixinal. A inocencia, bondade, confianza, solidariedade e esperanza, como algúns dos valores que marcan o deambular dos seus protagonistas.

    Máis información
  9. Ana e a lúa lueira

    13,00€
    Na beira do mar. No canto da Praia. Nunha casiña branca. Unha nena vivía. A nena tiña medo. Porque un ogro. Comela quería. Mais… A nena tiña una amiga. Que no alto vivía. Era a lúa lueira. Que de nai ela facía. Porque a nena mariñeira. A pobre, nai ela non tiña. Máis información
  10. Unha pantasma branca

    10,00€

    Unha sombra escura rompe a tranquilidade da noite en Penagrande coma unha aparición que viñese do Outro Mundo e a brisa comeza a sacudilo todo. Nese intre, un prolongado e agudo sesear cae baixo as árbores. Parece unha chamada, ou quizais unha queixa que se expande axiña pola aldea. De súpero, uns berros inesperados estoupan coma estralos na torre da auga. O pobo enteiro permanece á espreita, sen voz, atemorizado. Por que eses sons asustan tanto a veciñanza? Por que din que anuncia unha traxedia? Diego e Paula non se deterán ata atoparen as respostas e descubriren un dos seres máis fascinantes da noite: unha pantasma branca.

    Máis información