Infantil-Xuvenil

  1. Unha pantasma branca

    10,00€

    Unha sombra escura rompe a tranquilidade da noite en Penagrande coma unha aparición que viñese do Outro Mundo e a brisa comeza a sacudilo todo. Nese intre, un prolongado e agudo sesear cae baixo as árbores. Parece unha chamada, ou quizais unha queixa que se expande axiña pola aldea. De súpero, uns berros inesperados estoupan coma estralos na torre da auga. O pobo enteiro permanece á espreita, sen voz, atemorizado. Por que eses sons asustan tanto a veciñanza? Por que din que anuncia unha traxedia? Diego e Paula non se deterán ata atoparen as respostas e descubriren un dos seres máis fascinantes da noite: unha pantasma branca.

    Máis información
  2. Auga e lume

    14,00€

    Gañadora ex aequo do VIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2018

    Deva, a moza da época galaicorromana, e Paulo, do século XXI, son os protagonistas da loita desesperada contra unha profecía que ameaza con acabar coa humanidade.

    Fálase dun pergamiño de primeiros do século IV, cando as terras galegas formaban parte da provincia romana da Gallaecia. Este pergamiño facía referencia a uns feitos que daquela supostamente cambiaron o curso da historia do mundo...

    Auga e lume, unha aventura trepidante a través dos tempos.

    Máis información
  3. As voces da auga

    13,50€

    As voces da auga destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico especialmente complexo, máis alá dos convencionalismos.

    Máis información
  4. A Meiga Chuchona

    13,00€
    Teño medo na casa da avoa, alguén fai uns ruídos arrepiantes pola noite.. Quen será? Que busca? Máis información
  5. O formigueiro

    13,80€
    Imaxina que es unha formiga e pasas un día no formigueiro. Como sería? Na primavera deitaríaste no cumio para quencer o corpo e logo levar a calor ás cámaras e galerías do formigueiro. Subirías e baixarías árbores buscando comida, recollerías pulgóns. Ti e as túas amigas pasariádelo de medo chuchándolles o zume doce que soltan. Pero abonda de falar, que tal se te preparas e entras con nós no formigueiro? Máis información
  6. A colmea

    13,80€
    Imaxina que es unha abella e pasas un día na colmea. Como sería? Na primavera voarías de flor en flor recollendo pole que logo as túas amigas da colmea transformarían en doce mel. Durante as túas viaxes para recoller pole, beberías delicioso néctar con sabor a limoada. Terías que ir de campo porque as abellas non teñen baño na colmea. E se tes sorte, ata podes aprender a facer mel. A que é apetecible? Pois vén que te levamos a dentro da colmea! Máis información
  7. Vermella

    13,00€

    Obra gañadora ex aequo do I PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade (2018).

    Cando Flor atopa unhas pingas de sangue no cuarto de baño comeza, xunto con Leo, a investigación de tan estraño suceso... Foi un accidente?

    Quen é a vítima?

    Serán quen de resolveren este enigma?

    Máis información
  8. A reconquista

    13,00€

    Obra gañadora ex aequo do I PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade (2018).

    No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo.

    Porén, grazas á súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamete se converte nun tsunami de solidariedade.

     

    Máis información
  9. Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017)

    11,00€

    Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemas editados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que o autor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola.

    Como nos anuncia Armando Requeixo, autor da edición e do limiar, nesta Gaiola aberta de Xoán Neira atoparás grilos grileiros, toupas ceguiñas, tartarugas de pel dura e donicelas bulideiras. Tamén osos chorosos, lobos solitarios, raposos pillabáns e ata cervos de luz. Moitas raiolas na chuvia, avós paseadores, lúas crecentes e papaventos voadores. E un carrusel que xira e xira, un tren que vai e vén, un pirata boa pata e un máxico xardín.

    Queres coñecer a fonte de auga lizgaira, o sol da grandísima flor e a rosa de lume? Desexas saber todos os misterios do espantallo elegante, o paporroibo piador, o piñeiro de alta copa e o morcego voador? Pois non o penses máis: dálle a volta ao libro e comeza a soñar.

     

    Máis información
  10. O País do Gran Furado

    13,00€

    Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019).

    «O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade.

    Máis información