Infantil-Xuvenil

  1. TREBELLOS. Lume no ceo

    12,00€

    Dentro de cen anos. A Terra vive momentos convulsos desde hai tempo, habitada por seres con poderes especiais e sen escrúpulos que loitan por controlar o planeta. Os TREBELLOS CA, RU e XEM, única UNIDADE DA GARDA TERRÁQUEA supervivente da GUERRA INFINITA, son o último reduto de esperanza do noso mundo.

    Máis información
  2. Ana e a lúa lueira

    13,00€
    Na beira do mar. No canto da Praia. Nunha casiña branca. Unha nena vivía. A nena tiña medo. Porque un ogro. Comela quería. Mais… A nena tiña una amiga. Que no alto vivía. Era a lúa lueira. Que de nai ela facía. Porque a nena mariñeira. A pobre, nai ela non tiña. Máis información
  3. O arrecife de coral

    13,90€
    Peixes de cores, diminutos cabaliños de mar, polbos arteiros... son estes todos animais que viven no arrecife de coral. As mornas augas tropicais garanten o alimento e as fendas dos arrecifes, un acubillo perfecto. Mergúllate no mar e explora os recunchos do arrecife de coral. Bota unha ollada nas físgoas e descubre onde se agocha cada animal. Máis información
  4. Don Carlos e o misterio dos lucecús

    10,00€

    Na vila comezan a xurdir sucesos inexplicables e, por se fose pouco, na casa contáronlles que o seu profesor, o único que os podería axudar a buscar unha explicación a tanto misterio, padece unha enfermidade que lle fai esquecer as cousas.

    Xiana, Maca, Román, Sofía e Afonso convídante a desentrañar cada misterio coa axuda de don Carlos. Unhas pescudas que vos levarán a valorar o lugar no que vivides, o medio ambiente, as tradicións, o amor e os prexuízos cos que podemos atoparnos todos os días. Acompáñasnos?

    Máis información
  5. Nube Branca no camiño

    13,00€

    A india Nube Branca atopouse cun crocodilo en cadeira de rodas que quería facer o Camiño de Santiago e non dubidou en axudalo a desprazarse.

    Así empeza esta aventura por vieiros cheos de diversidade, á que se unen a invidente toupiña Carmiña e o elefante Cacharrante. Xuntos vivirán incribles aventuras e descubrirán recunchos feiticeiros. Coñecerán sorprendentes seres máxicos e sortearán barreiras para chegar á fermosa cidade de Compostela.

    Con imaxinación, solidariedade e grazas ao amor pola lectura, pode que os amigos logren acadar o seu propósito, ti que pensas?

    Máis información
  6. O espazo de fóra. Unha aventura noutra dimensión

    18,00€

    O espazo de fóra busca acompañarte na descuberta dalgúns dos misterios da Física contemporánea e das posibilidades de viaxar a outra dimensión, combinando nun único libro a atractiva e perigosa aventura que viven Lucy, Ure e Kogy cos coñecementos actuais sobre as posibilidades de viaxar a outro mundo e a outro tempo.

    Tradución: María Reimóndez.

    Máis información
  7. Nube Branca e o pingüín Valentín

    13,00€

    Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada fundamentalmente para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos, ao que, sen dúbida, contribúe visualmente as ilustracións de Manuel Uhía.

    Ao poboado de Nube Branca chegou dende moi lonxe un pingüín de nome Valentín. Devecía por voar, pero por máis que axitaba as súas ás non era quen de facelo. Coa axuda das súas novas amigas... pensas que o conseguirá?

    Máis información
  8. Feminino singular, en plural

    13,00€

    É ben sabido que a historia ten unha débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito.

    É tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado.

    É tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza poética, vai por e para elas, mulleres pioneiras, valentes e loitadoras.

    Feminino singular, en plural é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade.

    Non cesaron na súa afronta para intentaren acadar una sociedade máis afable, xusta e de igualdade. Sabela e Roi, unha nena e un neno coma vós, son os primeiros en faceren o percorrido por estas páxinas. Acompañádelos?

    Máis información
  9. Na ribeira

    13,90€

    Os ríos, as pozas, as lagoas... Que farían o animais sen todo iso? Sen auga non sobrevirían. Mesmo algúns viven nela, ben por baixo da superficie...

    Acompáñanos a coñecer o reino animal acuático e subacuático.

    Neste libro atoparás moitas fendas que explorar.

    Máis información
  10. Baixo terra

    13,90€

    O coello, a toupa, o teixugo. Todos estes animais viven baixo terra. Algúns só no inverno, algúns todo o ano. Os animais son coma a xente: teñen diferentes preferencias e necesidades.

    Achégate ao reino animal e atrévete a formar parte del, aínda que sexa un anaquiño. Convértete nun animaliño, verás que divertido!

    Neste libro atoparás cámaras soterradas e túneles para que os explores coas mans e cos ollos.

    Máis información