Nin laranxa nin lila
Nin laranxa nin lila

Nin laranxa nin lila

Sabaté i Rodiè, Teresa
978-84-96893-97-9
3,00 €
IVA incluido

Pedro vivía nunha aldea entre dúas montañas, a da aldea laranxa e a da lila, que se levaban a matar. Como non era de ningunha non tiña con que xogar, até que un día deu cunha meiga que lle regalou unha capa invisíbel e a partir de aí pasaron moitas cousas...

Ano: 2008
Nº de páxinas: 36
ISBN: 978-84-96893-97-9
Ilustración: Solà Ortega, Carme

 

Os contos da colección Os Dereitos do Neno e da Nena están dirixidos as nenas e nenos de educación infantil e primaria, e comprenden unha diversidade de temas relacionados con eles. Pretendemos poñer a disposición de nais, pais e educadores un conxunto de elementos que lles poidan ser útiles nas súas tarefas educativas.

Que entendemos por dereitos? Os dereitos son as normas legais que regulan as relacións entre as persoas. Dentro destas normas, as nenas e nenos gozan dunha serie de dereitos específicos e universais.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que aprobou esta declaración o 20 de novembro de 1959, solicita a todos os gobernantes e aos pobos que difundan e expliquen os principios enunciados con anterioridade a nais, pais e educadoras, profesionais da sanidade, traballadores e traballadoras sociais, a todas as persoas que se ocupan directamente dos nenos e aos mesmos nenos e nenas.

Os obxectivos que nais, pais e educadores queremos conseguir son:

* Promover nos nenos e nenas actitudes que faciliten a creación de situacións xustas no seu contorno...

* Fomentando unha actitude positiva fronte ás dificultades. o Evitando as liortas.

* Amosando o valor do traballo en grupo. o Ensinando a compartir e respectar o material escolar e as instalacións.

* Colaborando na limpeza e coidado do medio natural.

* Facer que coñezan e respecten as diferentes culturas e etnias coas que convivan non só na propia escola e no seu barrio, senón tamén no ámbito mundial, nun marco de respecto e interese pola diferenza, así como da conciencia da igualdade de deberes e dereitos.

* Conciencialas/os das situacións de inxustiza que existen no mundo, especialmente polo que aos nenos e nenas se refire.

* Amosarlles que o mundo o hai que construír entre todas e todos, dun xeito máis xusto.

Pedro vivía nunha aldea entre dúas montañas, a da aldea laranxa e a da lila, que se levaban a matar. Como non era de ningunha non tiña con que xogar, até que un día deu cunha meiga que lle regalou unha capa invisíbel e a partir de aí pasaron moitas cousas...

Artigo 10º "O neno e a nena debe ser protexido de todo aquilo que poida fomentar a discriminación racial, relixiosa ou de calquera outra índole. Deben ser educados nun espíritu de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, paz e fraternidade universal, e con plena conciencia de que deben consagrar as súas enerxías e aptitudes ao servizo dos seus semellantes''.

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.