O home lobo
O home lobo

O home lobo

Lluch, Enric
978-84-92630-74-5
7,15 €
IVA incluido
Hai días que Fermín non ve a lúa chea por mor das nubes e a chuvia. Sen a lúa non pode conseguir un ouveo digno dun lobo de primeira división. Será quen de conseguilo antes de que se faga de día?

Ano: 2010
Nº de páxinas: 32
ISBN: 978-84-92630-74-5
Ilustración: Muñiz López, Jacobo

 
Colección O Baúl dos Monstros
Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido prestixio internacional. Os relatos, cheos de humor, foron escritos todos eles por Enric Lluch.
Os protagonistas son criaturas ou monstros do imaxinario infantil relacionados co medo como a bruxa, o vampiro, o home do saco, o zombi, a pantasma, a momia, o ogro, o esqueleto, o monstro do armario e o home lobo.
A intención da colección, ademais de entreter, é desdramatizar, con gran sentido do humor e fantasía, o papel que tradicionalmente exerceron estes seres terroríficos entre as nenas e os nenos.
Ao final de cada conto, o lector atopa, ao xeito dunha clásica enciclopedia visual, unha divertida descrición do monstro en cuestión.
Os dez títulos, que se presentan individualmente, tamén aparecen reunidos nun curioso baúl contedor de cartón ilustrado a toda cor.
 
Características físicas e xerais:
ISBN: 978-84-96526-91-4
Tamaño: 17 x 22,5 cm
Páxinas: 32 ilustradas as toda cor
Capa: cartolina 4/0 tintas
Encadernación: rústica, cosida con fío vexetal
Idade: primeiros lectores (aproximadamente a partir de 6 anos)
PVP Colección 10 títulos: 57,69€ (60,00€ con IVE)

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.