Libro que, de forma amena e rigorosa, introduce ás nenas e nenos no coñecemento das características dos climas, propoñendo, ao tempo, diversas actividades prácticas.
Ano: 2007
Nº de páxinas: 50
ISBN: 978-84-96526-72-3
Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros. Fotografías asombrosas, ampliadas para ofrecerte intrigantes detalles, xunto cun texto claro que che explica os feitos de moitos temas básicos. Os divertidos proxectos bríndante a oportunidade de aprender tanto na casa como fóra. Deixa que Clima te leve a un mundo de descubrimentos!
* Aprende como se forma un tornado.
* Descobre por que sopra o vento.
* Coñece por que se agreta o solo.
* Desfruta facendo o teu propio arco da vella.