As viaxes fantásticas de Jules Verne
As viaxes fantásticas de Jules Verne
As viaxes fantásticas de Jules Verne
As viaxes fantásticas de Jules Verne

As viaxes fantásticas de Jules Verne

978-84-9995-185-0
27,60 €
IVA incluido

A través destas cinco historias rocambolescas, descubriredes o universo incrible do mestre incontestable da aventura. Dirixirse á Lúa nun foguete, descender ao máis profundo da Terra, capitanear dun modo arrebatado o Nautilus ou carreiras a fume de carozo en plena sabana...

Ano: 2015
Nº de páxinas: 158
ISBN: 978-84-9995-185-0
Ilustración: Puybaret, Éric

 

Cinco das máis recoñecidas novelas do mestre incontestábel da aventura adaptadas por un autor que non deixa escapar a súa paixón polas obras e a súa admiración por Verne e por un ilustrador que visualiza as imaxes máis significativas de cada historia. Unha iniciación para que o mundo infantil coñeza o asombroso universo dun dos máis grandes escritores franceses do século XIX e, sen dúbida, da literatura universal de todos os tempos.

A través das cinco historias que completan esta viaxe literaria e chea de sorpresas, descubriredes o universo incrible do mestre incontestable da aventura. Dirixirse en foguete cara á Lúa, descender ao máis profundo da Terra, capitanear dun modo arrebatado o Nautilus ou carreiras a fume de carozo en plena sabana... Jules Verne dá mostra do seu imaxinario grandioso e vangardista ao servizo do lector. Abride este libro e partide de viaxe cos seus heroes!

As viaxes fantásticas de Jules Verne que nunca esquecerás son: 5 semanas en globo, A volta ao mundo en 80 días, Viaxe á Lúa, Viaxe ao centro da Terra e 20.000 leguas baixo dos mares.

Máis información:

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.