2ª Edición. No peto de ánimas da Leira dos Pintado, en Ponterrubiáns propíciase un misterioso enigma que, segundo unha vella lenda, permitirían descubrir o tesouro que un bispo do século XVIII agachara na vila.
Ano: 2006
Nº de páxinas: 248
ISBN: 978-84-9995-030-3
Ilustración: Fernández Carmelo, Sandra
VISUALIZA UN CAPITULO DO LIBRO
2ª Edición
No peto de ánimas da Leira dos Pintado, en Ponterrubiáns, cinco versos proporcionan unha misteriosa clave:
* A entrada no Ceo ten catro chaves.
* Deus bica a primeira.
* A segunda coas criaturas.
* A terceira pola fe explicada.
* A cuarta portéxena os lobos.
Trátase das pistas que, segundo unha vella lenda, permitirían descubrir o tesouro que un bispo do século XVIII agachara na vila.
A desaparición da súa profesora levará a Natalia e Guillerme, compañeiros de instituto -mais non moi amigos, que digamos-, a adentrárense no enigma, que se acaba convertendo nunha perigosa aventura na que só contarán coa axuda da súa intuición e intelixencia, ademais dun videoxogo de última xeración.
Venda do libro electrónico AQUÍ.