Na Vionta, unha pequena illa esquecida no linde do horizonte vive Tonecho, mozo que rexenta unha taberna visitada por xentes que andan á procura dun abeiro.
Ano: 2006
Nº de páxinas: 56
ISBN: 978-84-96526-83-9
Ilustración: López Vázquez, Noemí
VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO
Na Vionta, unha pequena illa esquecida no linde do horizonte vive Tonecho, mozo que rexenta unha taberna visitada por xentes que andan á procura dun abeiro.
Todo muda o día en que o vello Nomar regresa a súa Ítaca e rescata a buguina agochada o día da partida. A estraña aparición dunha rapaza núa no areal, enchoupada de mar, fará que as historias caladas agromen de novo. Os sons da buguina murmuran unha antiga lenda que se torna realidade.