Novela gañadora do 1º Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira (2004). Mundo cheo de fantasía no que a protagonista, Catuxa, se ve obrigada a abandonar o seu mundo para rescatar aos nenos e nenas da escravitude do mundo real...
Ano: 2004
Nº de páxinas: 216
ISBN: 978-84-96128-75-X
Ilustración: Tomás, Xosé
VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO
Nesta obra o autor introdúcenos de cheo no mundo da fantasía, no que as casas se multiplican, as avoas crean paisaxes alternativas, os barcos convértense en globos aerostáticos, todo baixo un fondo de intriga e drama, no que a protagonista, Catuxa, se ve obrigada a abandonar o seu mundo para rescatar aos nenos e nenas da escravitude do mundo real e introducilos no mundo liberador da imaxinación.
Todo un alegato a favor do poder dos soños.
- Temas
- Premios Meiga Moira