Esta guía mostra as 50 especies máis comúns de aves do extremo SW europeo, da chamada rexión eurosiberiana, desde o meridiano 15 até o finis terrae, con información sobre os seus costumes: onde viven e crían, de que se alimentan, como voan…
Ano: 2010
Nº de páxinas: 134
ISBN: 978-84-92630-75-2
Ilustración: Silvar, Calros
Como recoñecer as 50 especies de aves máis comúns de Europa Occidental dunha forma sinxela.
Cuns breves consellos aprenderás rapidamente que pasos seguir na observación das aves. Nas fichas de descrición de cada especie obterás, ademais, información sobre os seus costumes: onde viven e crían, de que se alimentan, como voan... e as especies coas que se poden confundir.