Papiroflexia iniciación
Papiroflexia iniciación

Papiroflexia iniciación

Palacios, Vicente
978-84-92630-08-0
11,05 €
IVA incluido

A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pregadura –preferentemente fixa- dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente, na idea de creación do nada.

 

A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pregadura –preferentemente fixa- dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente, na idea de creación do nada. Non podemos crear –evidentemente- do nada, pero si de case nada.

Partimos da forma plana, por ser a máis parecida ao nada no mundo das formas; do papel, por ser algo accesible a todas e todos e de escaso valor; da súa forma cadrada preferentemente, por ser a máis simple. Servímonos só das mans para evitar o uso de instrumentos, agás en casos moi especiais. Consideramos o uso das mans como o recurso mínimo necesario.

Partindo dun mínimo de recursos, tratamos de inventar as formas máis ambiciosas: figuras con movemento, con gran realismo, con incrible complicación e perfección etc. Ao estar feitas preferentemente mediante pregaduras fixas, podemos reter os seus procesos na memoria; ou tomalos como referencias para superalos ou perfeccionalos. Desta forma podemos dicir que a arte “avanza” obxectivamente.

O proceso de pregadura de cada figura móstrase mediante unha sucesión de debuxos paso a paso, os símbolos admitidos internacionalmente en papiroflexia e un texto, claro e concreto, acompañando os debuxos en cada paso. Esta exposición gráfica constitúe un idioma internacional que todas e todos podemos entender facilmente.

A papiroflexia ofrece a posibilidade de gozar da imaxinación creadora, e tamén a de reproducir e contemplar figuras que foron inventadas por outras persoas. E isto no medio de moi variados lugares ou circunstancias: no tren, na montaña, nunha sobremesa etc. Permite así mesmo a posibilidade de regalar obxectos normalmente de pouco custo, a quen poden aprecialos como obras do enxeño e da habilidade.

En Oriente, xa desde antigo, fascinaba a contemplación dunha folla de papel coa súa perfección; e aplicaban a imaxinación e a habilidade para engadirlle novo encanto. Na actualidade, chegamos practicamente a unha arte común a todos.

O principiante precisará saber como obter un papel cadrado a partir doutras formas. Ou o de formas xeométricas regulares. Ou de diferentes proporcións, para o que poderá necesitar de regra, escuadras, tesoira, círculo ou semicírculo graduado... Aquí empezaremos mostrando o máis necesario.

Precisará tamén observar como se prega ben ou mal unha folla, para poder así depurar a súa propia forma de pregar.

Dentro do libro veremos 28 modelos de figuras ordenados polo seu grao de dificultade, moi aptas para o principiante.

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.