Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo.
Ano: 2011
Nº de páxinas: 56
ISBN: 978-84-9995-029-7
Ilustración: López Vázquez, Noemí
Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do Ano dos III Premios da Edición de Galicia. Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo. Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condiciona a cpacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.