As voces da auga destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico especialmente complexo, máis alá dos convencionalismos.
Ano: 2018
Nº de páxinas :184
ISBN: 9788499953007
Ilustración: Pereiro, Aynara
VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO
Gañadora ex aequo do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil (2018).
Tamén en VERSIÓN DIXITAL en diferentes plataformas.
As voces da auga destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico especialmente complexo, máis alá dos convencionalismos.
***
Neses instantes, no interior do río, Li sentíase tan transparente coma o cristal. Entón, como polas noites antes de adormecer, podía escoitar de novo con nitidez as voces da auga, como unha chamada que non a enxordecía coa súa cantilena monótona de ave de paso, senón que lle infundía esa forza descoñecida das ondas que galopaban, propiciando que ela tamén formase parte dese mundo líquido e poderoso que, alí no fondo do val, se arrastraba lento coma unha búfala preñada, porque era alí, precisamente naqueles remansos, onde a voz do río berraba arrastrando consigo tamén a fondura dos cavorcos da terra.
Artigo sobre o libro en El Correo Gallego.
Discurso de presentación de Mario Outeiro Iglesias no acto do Vello Cárcere de Lugo sobre As voces da auga. AQUÍ
As voces da auga no Galicia Confidencial.
Ramón Nicolás analiza As voces da auga no Caderno da Crítica.
- Temas
- Feminismo
Premios Meiga Moira
Violencia