Feminino singular, en plural
Feminino singular, en plural

Feminino singular, en plural

Blanco, Concha
978-84-9995-340-3
14,35 €
IVA incluido

Baia Edicións

É ben sabido que a historia ten unha débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito.

É tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado.

É tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza poética, vai por e para elas, mulleres pioneiras, valentes e loitadoras.

Feminino singular, en plural é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade.

Non cesaron na súa afronta para intentaren acadar una sociedade máis afable, xusta e de igualdade. Sabela e Roi, unha nena e un neno coma vós, son os primeiros en faceren o percorrido por estas páxinas. Acompañádelos?

Ano: 2020
Nº de páxinas: 60
ISBN: 978-84-9995-340-3
Ilustración: Romero, Laura

 

É ben sabido que a historia ten una débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito.

É tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado.

É tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza poética, vai por e para elas, mulleres pioneiras, valentes e loitadoras.

Feminino singular, en plural é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade para intentaren acadar unha sociedade máis afable, xusta e de igualdade entre mulleres e homes. 

 

***

Neste libro encontrarás unha serie de poemas biográficos, ilustrados por Laura Romero, dedicados a mulleres galegas singulares, que fixeron cousas moi importantes pero que foron ocultadas e silenciadas ao longo da historia, tamén outros nos que recorda as mulleres anónimas, as máis próximas a nós.

Poemas que comentan Sabela e Roi, unha nena e un neno coma vós, ás veces con sorpresa, porque non sabían dalgunha delas nin das súas vivencias e méritos malia os anos transcorridos.

Animádevos a seguir a proposta de Concha Blanco e creade vós tamén unha biografía ou poema sobre mulleres que consideredes singulares, que pensedes deban ser coñecidas para divulgar o esforzo que realizan no seu ámbito de actuación.

 

GUÍA DE LECTURA

 

Noticias relacionadas

Información da obra no xornal La Voz de Galicia.

Concha Blanco fala da súa obra no xornal El Correo Gallego.

Recomendacións de RadioOleiros da obra Feminino singular, en plural.

Feminino singular, en plural, unha recomendación de Muller X Muller. Unha selección de LIXG, feita por GÁLIX, para celebrar o 8M. AQUÍ.

 

Temas
Feminismo
Historia de mulleres galegas

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.