Aixa, unha nena de aldea, habilidosa e festeira, ten que marchar coa súa familia á cidade.
A morriña, a lembranza permanente da aldea e a vida que nela se gozaba fan que busque a alegría a través da música. A partir de madeira e metal recupera os sons da terra, do ar e do lar que perdera ao chegar á cidade.
Un conto que nos achega ao sentimento tan noso e tan universal, como é a morriña e a súa expresión a través da música.
Ano: 2021
Nº de páxinas: 24
ISBN: 9788499953656
Ilustración: Romero, Laura
Aixa, unha nena de aldea, habilidosa e festeira, ten que marchar coa súa familia á cidade.
A morriña, a lembranza permanente da aldea e a vida que nela se gozaba fan que busque a alegría a través da música. A partir de madeira e metal recupera os sons da terra, do ar e do lar que perdera ao chegar á cidade.
Un conto que nos achega ao sentimento tan noso e tan universal, como é a morriña e a súa expresión a través da música.
***
Hai unha Forza que nos empurra cara ao camiño
e outra que nos amarra á Terra nativa.
A morriña transfórmase nun motor forte
á hora de manifestarse, comunicar, crear e transmitir.
A través dos ollos de Aixa escoitaremos o son do Lar.
NOTICIAS DE INTERESE
Montse Pena Presas recomenda a obra no Diario Cultural a partir do minuto 23.
O xornal Nós Diario entrevista a Laura Rey Pasandín para falar da súa obra Madeira e metal.
No blog Lecturafilia recomendan Madeira e metal.