Poemario de Pilar Pallarés, dirixido ao mundo infantil e ilustrado con distintas técnicas por Ana Pillado e Gaila González, a través do cal fai unha chamada a saborear a vida e a gozar da compañía con outras especies.
Unha boa gatucada! é unha obra construída para o divertimento por tres mulleres que aman a poesía, a plástica, a vida... e o mundo felino.
Ano: 2023
Nº de páxinas: 96
ISBN: 9788499954257
Ilustración: Gaia González e Ana Pillado
Onde manda gata vella, que é o que pode un mangallón? Ela chámase Ofelia e veu do monte (un anaco de campo entre altos edificios); el é Leo, o que sempre quere ser protagonista, que para algo é un macho alfa! Comparten piso con Romi, fan de David Bowie, e coa Maga, unha siamesa xoldeante. Ah!, e cunha humana bastante riquiña, aínda que un pouco maniática e sosa, como adoitan os humanos ao medraren.
"Saiba a fresa ou a sardiña,
a queixo ou a hamburguesa,
o mundo sabe tan ben!".
Descúbreo coa Gatucada!
Noticias de interese
Manrique Fernández analiza a obra de Pilar Pallarés no blog literario 'O meu andel'.
Análise da obra no xornal Comarcas na Rede.
Tamén che podería gustar