Máis vistas

Ana e a lúa lueira

REF.:9788499953663
13,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Na beira do mar. No canto da Praia. Nunha casiña branca. Unha nena vivía. A nena tiña medo. Porque un ogro. Comela quería. Mais… A nena tiña una amiga. Que no alto vivía. Era a lúa lueira. Que de nai ela facía. Porque a nena mariñeira. A pobre, nai ela non tiña.

Información adicional

Ano 2021
Nº de páxinas 38
ISBN 9788499953663
Autoría Núñez, Toño (Xosé Antón Núñez Álvarez)
Ilustración López Vázquez, Noemí

Details

“Un conto e un canto”

As nenas e os nenos gozan escoitando contos e cancións. Ademais, a través dos personaxes dos contos e das mensaxes das cancións, experimentan emocións, resolven conflitos e interiorizan o mundo que os rodea.

Ana e a lúa lueira é un conto-canción ambientado nun contexto mariñeiro, pero dirixido ao mundo interior de calquera nena ou neno. A través dunha coidada linguaxe poética, este conto ofrécese como unha ventá aberta ao espazo das emocións, da tenrura, da sensibilidade e da beleza. Textos, música e ilustracións van da man en perfecta simbiose e harmonía. Tres linguaxes complementarias que dialogan e se enriquecen ao servizo dunha causa común: engaiolar a nenas e nenos.

A obra vai acompañada dun QR coas trece cancións da obra.

ESCOITA AS CANCIÓNS AQUÍ

 

Compositor: Fernando Gómez Jácome

Voz: Iria Estévez

Coros: Toño Núñez

Piano: Luis Monsalve

Baixo: Carlos López

Batería: Rodrigo Muñoz

Sintetizador, FX: Gonzo Piña

 

Gravación, mesturas e masterización: Gonzo Piña