Lectura autónoma (a partir de 6 anos)

  1. Sementes de papel

    10,00€

    Escrito e ilustrado por Bea e Silvia Gil, Sementes de papel conta a relación entre dúas mozas e o bosque onde viven. Naia ocupouse sempre de coidar das árbores e dos animais. Pero os anhelos máis profundos de Eyla romperán o equilibrio do lugar.

    Máis información
  2. As dúas casas de Alicia

    10,00€

    Os pais de Alicia sepáranse. A nena procura o seu sitio nesta nova situación. Será preciso dividir o seu amor entre o seu papá e a súa mamá?

    Máis información
  3. A Terra acatarrouse

    10,00€

    Porque non sempre existen as palabras para abordar os temas sensibles. Roxane M. Galliez achéganos un texto que, traducido por Marica Campo, nos propón, con dozura e fermosura, solucións para capturar o azul dos días grises e dar luz á alegría.

    Máis información
  4. Os animais da cidade

    7,50€

    É Noiteboa e Ricardo perdeuse. Por sorte lembra os animais que hai na cidade, os seus amigos: os leóns de Correos, a aguia da estación, o papagaio do mercado, os patos da fonte... Eles axudárano a orientarse.

    Máis información
  5. Un cabalo de lume

    7,50€

    Fina Casalderrey e Valentí Gubianas elaboraron unha historia conmovedora que nos anima a respectar a natureza.

    Máis información
  6. Furia

    7,50€

    O pai de Carlos é xinete e corre no Grand National. Súa nai está preocupada porque descubriu que Carlos só ten unha amiga, a televisión.

    Máis información
  7. Pregunta á Dra. Peteiro sobre o Planeta Terra

    12,95€

    Pregunta á Dra. Peteiro sobre o Planeta Terra é unha boa forma de descubrir como afectan aos animais os volcáns en erupción, as mareas que fan desaparecer a auga, como flúen os ríos... e moito máis.

    Máis información
  8. Pregunta á Dra. Peteiro sobre os Bichiños

    12,95€

    Outra saca de correo enviado por pequenas criaturas con problemas chegou aos pés da Dra. Peteiro, con angustiadas preguntas como: Por que non podo correr máis rápido?

    Máis información
  9. Pregunta á Dra. Peteiro sobre os Réptiles

    12,95€

    Outra saca de correo enviado por réptiles con problemas chegou aos pés da Dra. Peteiro, con angustiadas preguntas como: Podo vivir sen a miña cola?

    Máis información
  10. Cando estou tranquilo

    6,50€

    Xabier é o protagonista desta historia, na que nos explica como aprendeu a diferenza entre estar tranquilo ou non, no transcurso dun partido de fútbol.

    Máis información