Meiga Moira (lecturas 12-16 anos)

  1. O informe do empregado Mendes

    10,40€

    É este un libro de bruxas namoradas que non poden mostrar o seu amor, de ras saltaricas que aprenden da intelixencia e bondade, de fadas que arrolan nenas pobres, de mundos cobizados e afastados que impiden ver o próximo...

    Máis información
  2. O alento nas costas

    16,65€

    A novela comeza cun soño estraño de Mireia, xornalista dunha revista esotérica de Madrid. O soño transcorre nunha aldea preto do lugar natal da protagonista, na Idade Media. Ela ten a sensación estraña de que o personaxe dos seus soños lle quere comunicar algo. Decide retornar á súa aldea dez anos despois de marchar, apremada por un problema de drogas, para facer unha reportaxe para a revista na que traballa.

    Máis información
  3. Bandeiras negras

    12,50€

    Páxina a páxina, coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas de máis sona: Bonnet, England... e Flint, o temible capitán do Walrus.

    Máis información
  4. A neve e o lume

    12,50€

    A neve e o lume representa unha achega á literatura galega da narrativa gótica, á vez que unha sentida homenaxe á poetisa arxentina Alejandra Pizamik, da que se recuperan diversos poemas que serven de motivo introdutorio a cada un dos capítulos da novela.

    Máis información
  5. O segredo do lagarto arnal

    13,50€

    Despois de dársenos a coñecer coa súa primeira novela, Violeta tamurana, gañadora do IV Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2010, Andrea Maceiras sorpréndenos de novo cunha obra que procura, tamén nesta ocasión, romper cos tabús e achegarnos a unha realidade vista aínda co receo pola sociedade.

    Máis información
  6. Miña querida Sherezade

    13,40€

    Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os personaxes que viven dentro de ti danche as costas porque non podes ofrecerlle a vida que eles queren. Caes enfermo. Tés tanta febre que súas tinta. E sentes a morte moi preto. Eu non quero rematar así. Sei que aínda teño unha historia máis que contar. Non está nas miñas páxinas, senón gravada no meu corazón. E non é unha soa, senón moitas.

    Máis información
  7. A cerna do segredo

    13,40€

    O misterio continúa a percorrer Vilacardoso. A chegada dos Cerna non parece casual. Seica é unha ameaza ou a oportunidade para a familia Negro de ter aliados nunha aldea onde segue a estar proscrita?

    Máis información
  8. Denébola a Roxa

    12,50€

    Denébola a Roxa é unha novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, que relata o desafío dunha muller brava nun mundo de homes. Un exemplo de como a afouteza e a perseveranza conseguen derrubar todas as barreiras.

    Máis información
  9. A cova da Moura

    14,10€

    Malena e Mateo, o seu antigo profesor da facultade de Historia, son os encargados do anteproxecto de restauración do castelo de Soutomaior. Durante a súa visita atopan por casualidade un manuscrito dunha moza chamada Cleofar, que habitou no castelo no século XVI nun misterioso lugar chamado a Cova da Moura, onde relata os abusos que sufriu a mans do señor do castelo, don Pedro de Soutomaior, neto do infame Pedro Madruga.

    Máis información
  10. A Illa do Silencio

    11,75€

    A Illa do Silencio conta as aventuras dun rapaz calquera, nacido na ribeira do río Sil, que abandona o seu berce na procura  dunhas moedas que poidan sacar a súa familia da miseria que se vive nos últimos anos do século XVI, unha época marcada polas guerras e as pandemias.

    Máis información
  11. As voces da auga

    14,00€

    As voces da auga destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico especialmente complexo, máis alá dos convencionalismos.

    Máis información
  12. Auga e lume

    14,55€

    Gañadora ex aequo do VIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2018

    Deva, a moza da época galaicorromana, e Paulo, do século XXI, son os protagonistas da loita desesperada contra unha profecía que ameaza con acabar coa humanidade.

    Fálase dun pergamiño de primeiros do século IV, cando as terras galegas formaban parte da provincia romana da Gallaecia. Este pergamiño facía referencia a uns feitos que daquela supostamente cambiaron o curso da historia do mundo...

    Auga e lume, unha aventura trepidante a través dos tempos.

    Máis información
  13. Violeta tamurana

    13,80€

    Novela gañadora do IV Premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil (2010). As fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do Arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa cor violeta.

    Máis información
  14. Ninguén nace antetempo...

    14,45€

    O rol da muller sempre foi o mesmo. A loita pola súa condición de igual aos homes comezou coa humanidade mesma. Non resulta unha reivindicación dos tempos actuais, senón que é máis ben unha pelexa que empeza nos albores da prehistoria.

    Máis información
  15. Teatro para contistas

    10,40€

    Como podemos incorporar as obras de teatro nas clases? Heidi Kühn-Bode expón seis obras de teatro de fácil interpretación nas aulas, animando a todos os mestres e mestras a realizar unha actividade diferente e atractiva...

    Máis información