Natureza e Ciencia
-
Os animais da Xungla e da Sabana
15,40€Neste marabilloso libro interactivo, os máis pequenos espertan os sentidos tocando e escoitando os animais. Poden tamén tocar a crina do león ou a pel do elefante para experimentar novas sensacións.
Máis información -
SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta
18,50€SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos. Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente. Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos. Máis información -
Os animais do bosque
10,50€O raposo fai todas as fins de semana a súa andaina en familia? Ven descubrir a verdade sobre algúns dos animais que habitan os bosques. Un libro lúdico que mestura divertidas ilustracións con magníficas fotos para aprender divertíndose. Máis información -
Os animais da granxa
10,50€A ovella vai ao salón de peiteado para cortar os seus fermosos bucles?
Ven descubrir a verdade sobre os animais das graxas.
Un libro lúdico que mestura divertidas ilustracións con magníficas fotos para aprender divertíndose.
Máis información -
Compendio de herbas máxicas
15,00€Antigamente homes e mulleres vivían fortemente ligados á natureza, tanto é así que as súas actividades vitais estaban vinculadas aos seus ciclos naturais e, polo tanto, eran grandes observadores das súas bondades e crueldades.
Máis información