Natureza e Ciencia
-
A montaña e o bosque
11,90€Unha obra interactiva e divertida para comprender a vida dos animais. Xogos pedagóxicos para nenas e nenos.
Máis información -
O espazo de fóra. Unha aventura noutra dimensión
18,00€Tradución: María Reimóndez
O espazo de fóra busca acompañarte na descuberta dalgúns dos misterios da Física contemporánea e das posibilidades de viaxar a outra dimensión, combinando nun único libro a atractiva e perigosa aventura que viven Lucy, Ure e Kogy cos coñecementos actuais sobre as posibilidades de viaxar a outro mundo e a outro tempo.
-
SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta
19,00€SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos. Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente. Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos. Máis información -
Os animais do bosque
10,95€O raposo fai todas as fins de semana a súa andaina en familia? Ven descubrir a verdade sobre algúns dos animais que habitan os bosques. Un libro lúdico que mestura divertidas ilustracións con magníficas fotos para aprender divertíndose. Máis información -
Os animais da granxa
10,95€A ovella vai ao salón de peiteado para cortar os seus fermosos bucles?
Ven descubrir a verdade sobre os animais das graxas.
Un libro lúdico que mestura divertidas ilustracións con magníficas fotos para aprender divertíndose.
Máis información -
Compendio de herbas máxicas
15,60€Antigamente homes e mulleres vivían fortemente ligados á natureza, tanto é así que as súas actividades vitais estaban vinculadas aos seus ciclos naturais e, polo tanto, eran grandes observadores das súas bondades e crueldades.
Máis información -
Cogomelos
10,40€Móstranse as 50 especies máis comúns en Europa Occidental, achegando unha información moi seleccionada, cunha linguaxe sinxela, que proporciona os coñecementos suficiente para identificalos correctamente. Para enriquecer a información, estas 50 especies van acompañadas de 2 ou 3 debuxos de outras, tamén comúns, coas que comparten características (consistencia, hábitat, cor…).
Máis información -
Árbores
10,40€Esta guía mostra as 50 especies de árbores máis comúns en Europa Occidental en calquera época do ano. Os textos e ilustracións detallados da súa follas, flores e froitos, da cortiza e do aspecto xeral nas distintas estacións proporcionan o coñecemento suficiente para identificalas.
Máis información -
Aves
10,40€Esta guía mostra as 50 especies máis comúns de aves do extremo SW europeo, da chamada rexión eurosiberiana, desde o meridiano 15 até o finis terrae, con información sobre os seus costumes: onde viven e crían, de que se alimentan, como voan…
Máis información -
Dinosauros. 150 animais prehistóricos de pequenos a grandes
10,40€Durante máis dun século os dinosauros fascinaron tanto os científicos como o público en xeral, de novos a vellos. A palabra DINOSAURO significa “lagarto terrible” e sintetiza a impresión que nos producen. Aínda que algúns foron os animais máis grandes que nunca pisaron o noso planeta, outros moitos eran pequenos e áxiles. Este libro móstranos a gran variedade de tamaños que adquiriron os dinosauros: algúns non eran máis grandes que unha pomba, outros pola contra eran mesmo máis longos que cinco autobuses postos un detrás do outro.
Máis información