Divulgación
-
Compendio de herbas máxicas
15,00€Antigamente homes e mulleres vivían fortemente ligados á natureza, tanto é así que as súas actividades vitais estaban vinculadas aos seus ciclos naturais e, polo tanto, eran grandes observadores das súas bondades e crueldades.
Máis información -
SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta
18,50€SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos. Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente. Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos. Máis información -
O espazo de fóra. Unha aventura noutra dimensión
18,00€O espazo de fóra busca acompañarte na descuberta dalgúns dos misterios da Física contemporánea e das posibilidades de viaxar a outra dimensión, combinando nun único libro a atractiva e perigosa aventura que viven Lucy, Ure e Kogy cos coñecementos actuais sobre as posibilidades de viaxar a outro mundo e a outro tempo.
Tradución: María Reimóndez.
Máis información