Divulgación

  1. Compendio de herbas máxicas

    15,00€

    Antigamente homes e mulleres vivían fortemente ligados á natureza, tanto é así que as súas actividades vitais estaban vinculadas aos seus ciclos naturais e, polo tanto, eran grandes observadores das súas bondades e crueldades.

    Máis información
  2. SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta

    18,50€
    SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos. Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente. Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos. Máis información
  3. O espazo de fóra. Unha aventura noutra dimensión

    18,00€

    O espazo de fóra busca acompañarte na descuberta dalgúns dos misterios da Física contemporánea e das posibilidades de viaxar a outra dimensión, combinando nun único libro a atractiva e perigosa aventura que viven Lucy, Ure e Kogy cos coñecementos actuais sobre as posibilidades de viaxar a outro mundo e a outro tempo.

    Tradución: María Reimóndez.

    Máis información
  4. Desmontando o corpo, construíndo a ciencia

    15,00€

    Este libro que tes nas mans fará que, capa a capa, descubras como funciona o teu corpo. Guiarante as xemelgas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras doutoras que estudaron na Universidade de Santiago sen ocultar que eran mulleres.

    Estas contribuíron a debuxar o mapa do noso corpo. Atréveste a seguir os seus pasos?

    Máis información