Natureza

  1. A montaña e o bosque

    11,90€

    Unha obra interactiva e divertida para comprender a vida dos animais. Xogos pedagóxicos para nenas e nenos.

    Máis información
  2. As crías dos animais salvaxes

    11,90€

    Unha obra interactiva e divertida para comprender a vida dos animais. Xogos pedagóxicos para nenas e nenos.

    Máis información
  3. Dinosauros. 150 animais prehistóricos de pequenos a grandes

    10,00€

    Durante máis dun século os dinosauros fascinaron tanto os científicos como o público en xeral, de novos a vellos. A palabra DINOSAURO significa “lagarto terrible” e sintetiza a impresión que nos producen. Aínda que algúns foron os animais máis grandes que nunca pisaron o noso planeta, outros moitos eran pequenos e áxiles. Este libro móstranos a gran variedade de tamaños que adquiriron os dinosauros: algúns non eran máis grandes que unha pomba, outros pola contra eran mesmo máis longos que cinco autobuses postos un detrás do outro.

    Máis información
  4. Aves

    9,95€

    Esta guía mostra as 50 especies máis comúns de aves do extremo SW europeo, da chamada rexión eurosiberiana, desde o meridiano 15 até o finis terrae, con información sobre os seus costumes: onde viven e crían, de que se alimentan, como voan…

    Máis información
  5. Árbores

    9,95€

    Esta guía mostra as 50 especies de árbores máis comúns en Europa Occidental en calquera época do ano. Os textos e ilustracións detallados da súa follas, flores e froitos, da cortiza e do aspecto xeral nas distintas estacións proporcionan o coñecemento suficiente para identificalas.

    Máis información
  6. Cogomelos

    9,95€

    Móstranse as 50 especies máis comúns en Europa Occidental, achegando unha información moi seleccionada, cunha linguaxe sinxela, que proporciona os coñecementos suficiente para identificalos correctamente. Para enriquecer a información, estas 50 especies van acompañadas de 2 ou 3 debuxos de outras, tamén comúns, coas que comparten características (consistencia, hábitat, cor…).

    Máis información
  7. SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta

    18,50€
    SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos. Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente. Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos. Máis información