Primeiros lectores (a partir de 3 anos)

  1. Nube Branca e o pingüín Valentín

    13,00€

    Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada fundamentalmente para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos, ao que, sen dúbida, contribúe visualmente as ilustracións de Manuel Uhía.

    Ao poboado de Nube Branca chegou dende moi lonxe un pingüín de nome Valentín. Devecía por voar, pero por máis que axitaba as súas ás non era quen de facelo. Coa axuda das súas novas amigas... pensas que o conseguirá?

    Máis información
  2. Gatipedro

    10,90€

    Un neno, que se considera maior de máis, négase xa a poñer cueiros cando vai durmir pero ten un grave problema: polas mañás ten que soportar as queixas do pai e as burlas do irmán pequeno ao erguer da cama coas sabas molladas.

    Por que, malia ser maior, teño que poñer cueiros? Quen me fai isto a min? Teño que descubrir o causante de que molle a cama, pois eu non son.

    Se coñeces o imaxinario popular galego, saberás que lle fixo isto.

    Máis información
  3. A xacia Luviñas

    8,46€

    A xacia Luviñas trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena, mais tamén ás nais e aos pais. Dá a coñecer tamén as embarcacións tradicionais máis empregadas nos labores diarios no río Miño.

    A xacia Luviñas en Trafegando Ronseis.

    Máis información
  4. Caramulo e a carpinteira dos soños

    8,46€

    Caramulo e a carpinteira dos soños trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena, mais tamén ás nais e aos pais. Pódese considerar unha homenaxe á sabedoría das persoas que construían os xoguetes populares, representadas no vello Xepeto.

    Máis información
  5. A burra Ramona

    10,00€

    A burra Ramona, un bo día, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei.

    Máis información
  6. A casa máis animada do mundo

    10,00€

    Esta é a historia da casa encantada que está debaixo do ceo e enriba do mar. Nela viven gatos que foxen do queixo, mouchos que toman o sol, cans que falan, gatos que len, xílgaros fóra da gaiola, tartarugas que andan ás présas, periquitos que escriben e hámsteres que xogan ás agachadas.

    Máis información
  7. As crías dos animais salvaxes

    11,90€

    Unha obra interactiva e divertida para comprender a vida dos animais. Xogos pedagóxicos para nenas e nenos.

    Máis información
  8. A montaña e o bosque

    11,90€

    Unha obra interactiva e divertida para comprender a vida dos animais. Xogos pedagóxicos para nenas e nenos.

    Máis información
  9. Xiz de cor

    10,00€

    Poemario infantil ilustrado de fácil lectura e comprensión. Expresión poética e plástica conflúen nesta obra que dá título á colección.

    Máis información
  10. Hércules e Xerión

    10,00€

    Recreación libre da lenda tradicional que narra a estadía de Hércules na Galiza, o seu enfrontamento con Xerión e a construción dunha Torre que servise de recordo da súa vitoria e alumase as viaxes dos navegantes.

    Máis información
  11. Alba de Vilalba

    10,00€

    Divertida interpretación do nacemento da vila e da tradición popular do famoso capón de Vilalba, que se aproxima aos mellores exemplos dos relatos e lendas da nosa literatura oral.

    Máis información
  12. Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017)

    11,00€

    Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemas editados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que o autor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola.

    Como nos anuncia Armando Requeixo, autor da edición e do limiar, nesta Gaiola aberta de Xoán Neira atoparás grilos grileiros, toupas ceguiñas, tartarugas de pel dura e donicelas bulideiras. Tamén osos chorosos, lobos solitarios, raposos pillabáns e ata cervos de luz. Moitas raiolas na chuvia, avós paseadores, lúas crecentes e papaventos voadores. E un carrusel que xira e xira, un tren que vai e vén, un pirata boa pata e un máxico xardín.

    Queres coñecer a fonte de auga lizgaira, o sol da grandísima flor e a rosa de lume? Desexas saber todos os misterios do espantallo elegante, o paporroibo piador, o piñeiro de alta copa e o morcego voador? Pois non o penses máis: dálle a volta ao libro e comeza a soñar.

     

    Máis información
  13. A reconquista

    13,00€

    Obra gañadora ex aequo do I PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade (2018).

    No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo.

    Porén, grazas á súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamete se converte nun tsunami de solidariedade.

     

    Máis información
  14. Feminino singular, en plural

    13,00€

    É ben sabido que a historia ten unha débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito.

    É tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado.

    É tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza poética, vai por e para elas, mulleres pioneiras, valentes e loitadoras.

    Feminino singular, en plural é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade.

    Non cesaron na súa afronta para intentaren acadar una sociedade máis afable, xusta e de igualdade. Sabela e Roi, unha nena e un neno coma vós, son os primeiros en faceren o percorrido por estas páxinas. Acompañádelos?

    Máis información
  15. Na ribeira

    13,90€

    Os ríos, as pozas, as lagoas... Que farían o animais sen todo iso? Sen auga non sobrevirían. Mesmo algúns viven nela, ben por baixo da superficie...

    Acompáñanos a coñecer o reino animal acuático e subacuático.

    Neste libro atoparás moitas fendas que explorar.

    Máis información