Primeiros lectores (a partir de 3 anos)

  1. Madeira e metal

    13,00€

    Aixa, unha nena de aldea, habilidosa e festeira, ten que marchar coa súa familia á cidade.

    A morriña, a lembranza permanente da aldea e a vida que nela se gozaba fan que busque a alegría a través da música. A partir de madeira e metal recupera os sons da terra, do ar e do lar que perdera ao chegar á cidade.

    Un conto que nos achega ao sentimento tan noso e tan  universal, como é a morriña e a súa expresión a través da música.

     

    Máis información
  2. A reconquista

    13,00€

    Obra gañadora ex aequo do I PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade (2018).

    No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo.

    Porén, grazas á súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamete se converte nun tsunami de solidariedade.

     

    Máis información
  3. Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017)

    11,00€

    Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemas editados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que o autor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola.

    Como nos anuncia Armando Requeixo, autor da edición e do limiar, nesta Gaiola aberta de Xoán Neira atoparás grilos grileiros, toupas ceguiñas, tartarugas de pel dura e donicelas bulideiras. Tamén osos chorosos, lobos solitarios, raposos pillabáns e ata cervos de luz. Moitas raiolas na chuvia, avós paseadores, lúas crecentes e papaventos voadores. E un carrusel que xira e xira, un tren que vai e vén, un pirata boa pata e un máxico xardín.

    Queres coñecer a fonte de auga lizgaira, o sol da grandísima flor e a rosa de lume? Desexas saber todos os misterios do espantallo elegante, o paporroibo piador, o piñeiro de alta copa e o morcego voador? Pois non o penses máis: dálle a volta ao libro e comeza a soñar.

     

    Máis información
  4. Gatipedro

    10,90€

    Un neno, que se considera maior de máis, négase xa a poñer cueiros cando vai durmir pero ten un grave problema: polas mañás ten que soportar as queixas do pai e as burlas do irmán pequeno ao erguer da cama coas sabas molladas.

    Por que, malia ser maior, teño que poñer cueiros? Quen me fai isto a min? Teño que descubrir o causante de que molle a cama, pois eu non son.

    Se coñeces o imaxinario popular galego, saberás que lle fixo isto.

    Máis información
  5. A xacia Luviñas

    8,46€

    A xacia Luviñas trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena, mais tamén ás nais e aos pais. Dá a coñecer tamén as embarcacións tradicionais máis empregadas nos labores diarios no río Miño.

    A xacia Luviñas en Trafegando Ronseis.

    Máis información
  6. Caramulo e a carpinteira dos soños

    8,46€

    Caramulo e a carpinteira dos soños trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena, mais tamén ás nais e aos pais. Pódese considerar unha homenaxe á sabedoría das persoas que construían os xoguetes populares, representadas no vello Xepeto.

    Máis información
  7. A burra Ramona

    10,00€

    A burra Ramona, un bo día, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei.

    Máis información
  8. A casa máis animada do mundo

    10,00€

    Esta é a historia da casa encantada que está debaixo do ceo e enriba do mar. Nela viven gatos que foxen do queixo, mouchos que toman o sol, cans que falan, gatos que len, xílgaros fóra da gaiola, tartarugas que andan ás présas, periquitos que escriben e hámsteres que xogan ás agachadas.

    Máis información
  9. As crías dos animais salvaxes

    11,90€

    Unha obra interactiva e divertida para comprender a vida dos animais. Xogos pedagóxicos para nenas e nenos.

    Máis información
  10. A montaña e o bosque

    11,90€

    Unha obra interactiva e divertida para comprender a vida dos animais. Xogos pedagóxicos para nenas e nenos.

    Máis información