Primeiros lectores (a partir de 3 anos)

  1. Unha de lobos

    10,00€

    Melancólica historia recollida dun conto tradicional na que o lobo conta as desventuras e penas sufridas na súa aproximación ao mundo dos seres humanos.

    Máis información
  2. Nube Branca quere ser astronauta

    10,90€

    Nube Branca devece por ver as estrelas de preto e coñecer a Lúa e os planetas do sistema solar. Tras o fracaso da construción dun foguete espacial, procura a axuda de Clarisa, Cacharrante, Antón e o sabio Octavio. Conseguirá, por fin, ser astronauta? O especial tratamento da historia está concibido para a estimulación da linguaxe oral na educación infantil.

    Entrevista a Pablo Nogueira na Voz de Galicia.

    Máis información
  3. Gatipedro

    10,90€

    Un neno, que se considera maior de máis, négase xa a poñer cueiros cando vai durmir pero ten un grave problema: polas mañás ten que soportar as queixas do pai e as burlas do irmán pequeno ao erguer da cama coas sabas molladas.

    Por que, malia ser maior, teño que poñer cueiros? Quen me fai isto a min? Teño que descubrir o causante de que molle a cama, pois eu non son.

    Se coñeces o imaxinario popular galego, saberás que lle fixo isto.

    Máis información
  4. Baixo terra

    13,90€

    O coello, a toupa, o teixugo. Todos estes animais viven baixo terra. Algúns só no inverno, algúns todo o ano. Os animais son coma a xente: teñen diferentes preferencias e necesidades.

    Achégate ao reino animal e atrévete a formar parte del, aínda que sexa un anaquiño. Convértete nun animaliño, verás que divertido!

    Neste libro atoparás cámaras soterradas e túneles para que os explores coas mans e cos ollos.

    Máis información
  5. O País do Gran Furado

    13,00€

    Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019).

    «O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade.

    Máis información
  6. A banda de Raimunda

    13,00€

    A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorxa só bule «croa, croa, croa». 

    Coa axuda do oso Afonso e a súa batería, do mono de cor violeta Farruco e o seu piano, do caracol Sibemol e o seu saxofón, do esquío Uxío e o seu contrabaixo e do orgulloso sapo Eliseu e a súa potente voz, consegue formar un equipo que respecta a diferenza e defende a solidariedade e igualdade entre as nenas e os nenos. Ela será a voz feminina dunha espectacular banda de rock and roll.

     

    Máis información
  7. A Meiga Chuchona

    13,00€
    Teño medo na casa da avoa, alguén fai uns ruídos arrepiantes pola noite.. Quen será? Que busca? Máis información
  8. A árbore

    13,80€
    O vento zoa alá no alto, na coroa da árbore. As pólas abanean e fregan as unhas contra as outras mentres que, nalgún lugar por debaixo delas, na fenda enorme chea de larvas de vacaloura, alguén peta no tronco da árbore. A araña, que pende dun fío, acba de tecer outra arañeira. E o cuco canta no seu niño: cu-cu! Así pasa a vida cada día nunha árbore. Un carballo é como unha casa, con moitos animais, pequenos e grandes, vivindo nela. Pode que xa coñezas algúns. Pero se entras neste libro poderás coñecer máis e visitar un carballo centenario... Máis información
  9. O formigueiro

    13,80€
    Imaxina que es unha formiga e pasas un día no formigueiro. Como sería? Na primavera deitaríaste no cumio para quencer o corpo e logo levar a calor ás cámaras e galerías do formigueiro. Subirías e baixarías árbores buscando comida, recollerías pulgóns. Ti e as túas amigas pasariádelo de medo chuchándolles o zume doce que soltan. Pero abonda de falar, que tal se te preparas e entras con nós no formigueiro? Máis información
  10. A colmea

    13,80€
    Imaxina que es unha abella e pasas un día na colmea. Como sería? Na primavera voarías de flor en flor recollendo pole que logo as túas amigas da colmea transformarían en doce mel. Durante as túas viaxes para recoller pole, beberías delicioso néctar con sabor a limoada. Terías que ir de campo porque as abellas non teñen baño na colmea. E se tes sorte, ata podes aprender a facer mel. A que é apetecible? Pois vén que te levamos a dentro da colmea! Máis información