Primeiros lectores (a partir de 3 anos)

  1. Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017)

    11,00€

    Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemas editados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que o autor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola.

    Como nos anuncia Armando Requeixo, autor da edición e do limiar, nesta Gaiola aberta de Xoán Neira atoparás grilos grileiros, toupas ceguiñas, tartarugas de pel dura e donicelas bulideiras. Tamén osos chorosos, lobos solitarios, raposos pillabáns e ata cervos de luz. Moitas raiolas na chuvia, avós paseadores, lúas crecentes e papaventos voadores. E un carrusel que xira e xira, un tren que vai e vén, un pirata boa pata e un máxico xardín.

    Queres coñecer a fonte de auga lizgaira, o sol da grandísima flor e a rosa de lume? Desexas saber todos os misterios do espantallo elegante, o paporroibo piador, o piñeiro de alta copa e o morcego voador? Pois non o penses máis: dálle a volta ao libro e comeza a soñar.

     

    Máis información
  2. Gatipedro

    10,90€

    Un neno, que se considera maior de máis, négase xa a poñer cueiros cando vai durmir pero ten un grave problema: polas mañás ten que soportar as queixas do pai e as burlas do irmán pequeno ao erguer da cama coas sabas molladas.

    Por que, malia ser maior, teño que poñer cueiros? Quen me fai isto a min? Teño que descubrir o causante de que molle a cama, pois eu non son.

    Se coñeces o imaxinario popular galego, saberás que lle fixo isto.

    Máis información
  3. O conto dos silencios

    10,00€

    Amosa as vivencias de Luv, un neno xordo que vive algo marxinado na cidade da música, á que proporcionará algo moi importante e que os seus habitantes non tiñan en consideración.

    Máis información
  4. É rara Makeke?

    10,00€

    Relato no que unha formiga chamada Makeke vive feliz coas súas compañeiras no deserto, pero un día de treboada é transportada a un lugar moi afastado onde sofre a discriminación e o desprezo dos seus habitantes.

    Máis información
  5. O corvo Gundemaro

    7,00€

    O corvo Gundemaro, tal como é o seu nome, é así de raro; saibamos por que.

    Máis información
  6. O galo Ernesto

    7,00€

    Ernesto, o galo máis vello do galiñeiro, é un experto na arte de sobrevivir, e así nolo ocnta nesta historia.

    Máis información
  7. Chicho Chicharra

    7,00€

    Colección Fabulando (a partir de 2 anos).

    Esta é a historia de Chicho, nun tempo artista de sona, que acabou a súa vida pedindo polas portas.

    Máis información
  8. Mimi e a xirafa azul

    3,00€

    Mimi estaba desexando que nacera o seu irmanciño... pero, oh!... non sabía facer nada. Este conto vai especialmente dirixido a nenas e nenos que teñen irmáns con graves discapacidades.

    Máis información
  9. Bestiario Cubano

    12,00€

    Quen non oíu falar dos dragóns, trasnos e unicornios? Pero seguro non coñeces á Ciguapa, o Chichiricú ou a Nai de Auga. Son os seres de fantasía que viven nos contos da Illa de Cuba.

    Máis información
  10. Tío Miseria

    12,00€

    Adaptación dunha obra para monicreques, narra as aventuras e desventuras de Tío Miseria e a súa relación co ceo e o inferno.

    Máis información