Xiz de cor

  1. A avoa do nobelo branco

    12,00€

    Ás veces, as historias que contan as avoíñas de nobelo branco ás súas netas, poden abrir os ollos a un mundo marabilloso e ser o nexo da unión dunha relación profunda.

    Máis información
  2. María é maior

    12,00€

    María xa é maior pero... non lle deixan facer todo o que quere porque se pode magoar ainda que como xa é maior... pode aprender a facer moitas outras cousas.

    Máis información
  3. O ladrón de paxaros

    10,00€

    Relato que conta as aventuras que vive e os perigos que ten que superar Martín e a súa almofada voadora para liberar todos os paxaros que viven colgados das súas gaiolas nas terrazas dos edificios da súa cidade.

    Máis información
  4. É rara Makeke?

    10,00€

    Relato no que unha formiga chamada Makeke vive feliz coas súas compañeiras no deserto, pero un día de treboada é transportada a un lugar moi afastado onde sofre a discriminación e o desprezo dos seus habitantes.

    Máis información
  5. O conto dos silencios

    10,00€

    Amosa as vivencias de Luv, un neno xordo que vive algo marxinado na cidade da música, á que proporcionará algo moi importante e que os seus habitantes non tiñan en consideración.

    Máis información
  6. Adiós ríos, adiós fontes

    13,00€

    Nova edición do recoñecido poema de Rosalía de Castro “Adiós ríos, adiós fontes” (Cantares Gallegos), na adaptación lingüística realizada por Ricardo Carvalho Calero, e ilustrado por Rodrigo Chao Blanco en dúas versións (branco e negro e a toda cor), coas que trata de incentivar a creatividade e a imaxinación das lectoras e lectores máis pequenos, e presentado nun libro no que os trazos da dureza da temática do poema  son atenuados coas divertidas imaxes dun protagonista que se converte no especial recitador da denuncia rosaliana.

    Que quería dicir Rosalía no seu famoso poema? Como cres que o imaxina unha nena ou neno deste século?  Pensas que a denuncia de Rosalía de Castro é vixente hoxe en día en Galicia? Algunha persoa da túa familia vive ou viviu unha experiencia similar? Este poema, sen dúbida, pode servirche para comprender mellor a situación das túas amigas e dos teus amigos que veñen vivir connosco de países afastados.

    Máis información
  7. Unha de lobos

    10,00€

    Melancólica historia recollida dun conto tradicional na que o lobo conta as desventuras e penas sufridas na súa aproximación ao mundo dos seres humanos.

    Máis información
  8. Alba de Vilalba

    10,00€

    Divertida interpretación do nacemento da vila e da tradición popular do famoso capón de Vilalba, que se aproxima aos mellores exemplos dos relatos e lendas da nosa literatura oral.

    Máis información
  9. Hércules e Xerión

    10,00€

    Recreación libre da lenda tradicional que narra a estadía de Hércules na Galiza, o seu enfrontamento con Xerión e a construción dunha Torre que servise de recordo da súa vitoria e alumase as viaxes dos navegantes.

    Máis información
  10. Tartaruga

    10,00€

    Tartaruga proponos a súa filosofía de vida fronte a velocidade da sociedade industrializada (deshumanizada) actual.

    Máis información