AVISO LEGAL

Baía Edicións A Coruña, S.L. (no sucesivo “Baía Edicións”), con enderezo social e fiscal na Coruña (15190), Polígono de Pocomaco, Segunda Avenida – Parcela A2 / Nave 52, e CIF n.º B15635246, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, Tomo 2099, Folio 111, Folla C-21050, Inscrición 1.ª,

Informa:

A utilización do nome de dominio www.baiaedicions.gal encóntrase debidamente rexistrado pola empresa, con todas as garantías, tal e como dispón a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico. Non obstante, ponse de manifesto a plena adecuación dos presentes Termos legais á normativa vixente en materia de Protección de datos, Comercio electrónico, Condicións de contratación, Propiedade intelectual e demais disposicións subsidiarias.

1. Aceptación dos Termos legais

  • O acceso a este sitio web ou a súa utilización en calquera forma implica a aceptación de todos e cada un dos presentes Termos legais, reservándose Baía Edicións o dereito a modificalos en calquera momento. En consecuencia, será responsabilidade de toda persoa visitante e/ou usuaria a atenta lectura dos Termos legais de uso vixente en cada unha das ocasións en que acceda a este sitio web, polo que, se esta non está de acordo con calquera dos mesmos aquí dispostos, deberá absterse con respecto ao uso da presente páxina web.

2. Obxecto

  • Por medio da web www.baiaedicions.gal facilítase ás persoas usuarias o acceso a diversos contidos, servizos, información e datos (no sucesivo, os "contidos"), postos á súa disposición. Baía Edicións resérvase o dereito de modificar en calquera momento a presentación, configuración e localización da páxina web, así como os contidos, produtos e servizos nela dispostos.

3. Condicións de acceso

  • O acceso á información dos distintos produtos e servizos existentes no sitio web, así como a súa navegación será libre e gratuíta non exixíndose por tanto ás persoas usuarias o pertinente rexistro coa consecuente entrega dos seus datos persoais, nin a utilización de claves ou contrasinais.
  • Cando para o acceso a determinados contidos ou servizos sexa necesario facilitar datos de carácter persoal, as persoas usuarias garantirán a súa veracidade, exactitude, autenticidade e vixencia. Baía Edicións dará a estes datos o tratamento automatizado que corresponda en función da súa natureza ou finalidade, nos termos indicados na sección de Política de Protección de Datos.

4. Condicións de utilización

  • A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado e lícito do sitio web, así como dos contidos e servizos, de conformidade coa lexislación aplicábel en cada momento, os Termos legais do sitio web, a moral e bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública. A persoa usuaria deberá absterse de:
    • Facer un uso non autorizado ou fraudulento do sitio web e/ou dos contidos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos nos presentes Termos legais, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos servizos ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático;
    • Acceder ou intentar acceder a recursos ou áreas restrinxidas do sitio web, sen cumprir as condicións exixidas para este acceso;
    • Provocar danos nos sistemas físicos ou lóxicos do sitio web, das súas empresas provedoras ou de terceiros;
    • Introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan suscepíbeis de provocar danos nos sistemas físicos ou lóxicos da empresa, das súas empresas provedoras ou de terceiros;
    • Intentar acceder, utilizar e/ou manipular os datos da empresa, terceiras empresas provedoras e outras entidades e/ou persoas usuarias;
    • Reproducir ou copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos, agás que se conte coa autorización expresa da entidade e/ou persoa titular dos correspondentes dereitos ou iso resulte legalmente permitido;
    • Suprimir, ocultar ou manipular as notas sobre dereitos de propiedade intelectual ou industrial e demais datos identificadores dos dereitos de Baía Edicións ou de terceiros incorporados aos contidos, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismos de información que poidan inserirse nos contidos;
    • Intentar obter datos persoais distintos aos que está autorizado a coñecer, empregando para isto medios ou procedementos ilícitos, fraudulentos ou que poidan causar calquera tipo de dano (véxase virus, troianos, erros de software, vermes etc.).
    • En particular, e a título meramente indicativo e non exhaustivo, a persoa usuaria comprométese a non transmitir, difundir ou poñer a disposición de terceiros informacións, datos, contidos, mensaxes, gráficos, debuxos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, gravacións, software e, en xeral, calquera clase de material que:
      • De calquera forma sexa contrario, menosprece ou atente contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas constitucionalmente, nos Tratados Internacionais e no resto da lexislación;
      • Induza, incite ou promova actuacións delituosas, vexatorios, difamatorias, violentas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral, aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública;
      • Induza, incite ou promova actuacións, actitudes ou pensamentos discriminatorios por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición;
      • Incorpore, poña a disposición ou permita acceder a produtos, elementos, mensaxes e/ou servizos delituosos, violentos, ofensivos, nocivos, vexatorios ou, en xeral, contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública;
      • Induza ou poida inducir a un estado inaceptábel de ansiedade ou temor;
      • Induza ou incite a involucrarse en prácticas perigosas, de risco ou nocivas para a saúde e o equilibrio psíquico;
      • Se atope protexido pola lexislación en materia de protección intelectual ou industrial pertencente á Baía Edicións ou a terceiros sen que fora autorizado o uso que se pretenda facer;
      • Sexa contrario ao honor, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas;
      • Constitúa calquera tipo de publicidade;
      • Inclúa calquera tipo de virus ou programa que impida o normal funcionamento do sitio web.
  • Cando para o acceso a determinados contidos ou servizos sexa necesario facilitar datos de carácter persoal, as empresas e/ou persoas usuarias garantirán a súa veracidade, exactitude, autenticidade e vixencia. Baía Edicións dará a estes datos o tratamento automatizado que corresponda en función da súa natureza ou finalidade, nos termos indicados na sección de Política de Protección de Datos.

 5. Responsabilidades

  • Baía Edicións non garante o acceso continuado, nin a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e informacións contidas nas páxinas da empresa, que poden verse impedidos, dificultados ou interrompidos por factores ou circunstancias que están fóra do seu control.
  • Baía Edicións poderá interromper o servizo ou resolver de modo inmediato a relación coa empresa e/ou persoa usuaria se detecta que un uso do seu portal ou de calquera dos servizos ofertados no mesmo son contrarios aos presentes Termos legais.
  • Baía Edicións pon a disposición das empresas e/ou persoas usuarias unha dirección de correo electrónico: comercial@baiaedicions.gal para que calquera contido que poida afectar á actividade doutras usuarias sexa posto de manifesto, coa vontade de rectificar o mesmo en caso de ser apropiado.
  • Baía Edicións non se fai responsábel por danos, prexuízos, perdas, reclamacións ou gastos producidos por:
    • Interferencias, interrupcións, fallos, omisións, avarías telefónicas, atrasos, bloqueos ou desconexións no funcionamento do sistema electrónico, motivadas por deficiencias, sobrecargas e erros nas liñas e redes de telecomunicacións, ou por calquera outra causa allea ao control da empresa;
    • Intromisións ilexítimas mediante o uso de programas malignos de calquera tipo e a través de calquera medio de comunicación, tales como virus informáticos ou calquera outros;
    • Abuso indebido ou inadecuado das páxinas web da empresa;
    • Erros de seguridade ou navegación producidos por un mal funcionamento do navegador ou polo uso de versións non actualizadas do mesmo. Os administradores de Baía Edicións resérvanse o dereito de retirar, total ou parcialmente, calquera contido ou información presente na web.

  • Baía Edicións exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que puideran deberse á mala utilización do servizos de libre disposición e uso por parte das empresas e/ou persoas usuarias da páxina web. Así mesmo, Baía Edicións queda exonerada de calquera responsabilidade polo contido e informacións que poidan ser recibidas como consecuencia dos formularios de recollida de datos, estando os mesmos unicamente para a prestación dos servizos descritos ofertados pola empresa; servizos tales como comercio online e solicitude de orzamentos. Por outro lado, en caso de causar danos e prexuízos por un uso ilícito ou incorrecto destes servizos.

6. Propiedade intelectual e industrial

  • A persoa usuaria recoñece e acepta que todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos, todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual, sobre os contidos e/ou calquera outros elementos inseridos na páxina, son propiedade exclusiva de Baía Edicións e/ou de terceiros, quen ten o dereito exclusivo de utilizalos no tráfico económico. En ningún caso o acceso á páxina web implica ningún tipo de renuncia, transmisión, licenza ou cesión total nin parcial destes dereitos, agás que se estableza expresamente o contrario. Os presentes Termos legais da páxina web non confiren ás persoas usuarias ningún outro dereito de utilización, alteración, explotación, reprodución, distribución ou comunicación pública da páxina web e/ou dos seus contidos distintos dos aquí expresamente previstos. Calquera outro uso ou explotación de calquera dereitos estará suxeito á previa e expresa autorización especificamente outorgada a tal efecto por Baía Edicións ou a empresa e/ou persoa terceira titular dos dereitos afectados.
  • Os contidos, textos, fotografías, deseños, logotipos, imaxes, programas de ordenador, códigos fonte e, en xeral, calquera creación intelectual existente neste sitio, así como o propio sitio no seu conxunto, como obra artística multimedia, están protexidos como dereitos de autora ou autor pola lexislación en materia de propiedade intelectual. Baía Edicións é titular dos elementos que integran o deseño gráfico da súa páxina web, os menús, botóns de navegación, o código HTML, os textos, imaxes, texturas, gráficos e calquera outro contido da páxina web ou, en calquera caso, dispón da correspondente autorización para a utilización destes elementos. O contido por ningún sistema de recuperación de información, en ningunha forma nin en ningún medio, agás que se conte coa autorización previa, por escrito, da citada entidade.
  • Así mesmo queda prohibido suprimir, eludir ou manipular o copyright de Baía Edicións, así como os dispositivos técnicos de protección, ou calquera mecanismos de información que puideran conter os contidos. A persoa usuaria deste sitio web comprométese a respectar os dereitos enunciados e a evitar calquera actuación que puidera prexudicalos, reservándose en todo caso Baía Edicións o exercicio de cantos medios ou accións legais lle correspondan en defensa dos seus lexítimos dereitos de propiedade intelectual e industrial.

 7. Propiedade intelectual e industrial

  • Para utilizar algúns dos servizos, as persoas usuarias deben proporcionar previamente certos datos de carácter persoal. Para isto, Baía Edicións tratará de forma automatizada os datos persoais en cumprimento co Regulamento Xeral de Protección de Datos 2016/679, de 27 de abril de 2016: Para isto, a persoa usuaria pode acceder á política seguida no tratamento dos datos persoais (Política de Protección de Datos), así como o estabelecemento das finalidades previamente estabelecidas, ao disposto nas condicións definidas na Política de Protección de Datos que presenta o sitio web.

 8. Duración e terminación

  • A prestación do servizo do presente sitio web e os demais servizos teñen en principio unha duración indefinida. Non obstante, Baía Edicións poderá dar por terminada ou suspender calquera dos servizos do portal. Cando sexa isto posíbel, Baía Edicións anunciará a terminación ou suspensión da prestación do servizo determinado.

 9. Forza maior

  • Baía Edicións non será responsábel en todo en caso de imposibilidade de prestar servizo, se esta se debe a interrupcións prolongadas da subministración eléctrica, liñas de telecomunicacións, conflitos sociais, folgas, rebelión, explosións, inundacións, actos e omisións do Goberno e, en xeral, todos os supostos de forza maior.

 10. Cookies utilizadas neste sitio web

Esta páxina web non recolle nin almacena datos persoais seus nin das súas visitantes. Unicamente, coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo a través desta páxina, e co obxecto de facilitar o seu uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a súa frecuencia de utilización.

Para estes efectos, utilízanse os datos estatísticos elaborados polo provedor de servizos de Internet de Baía Edicións. Con esta información analízase a frecuencia de uso do web a partir dos datos de conexión, e as seccións máis visitadas. Baía Edicións non utiliza cookies para recoller información das usuarias e dos usuarios desde a súa páxina web nin rexistra os seus enderezos IP.

A usuaria ou o usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, e pode, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro. Non obstante, para o acceso a este sitio web non será preceptiva a instalación de cookies.

Baía Edicións non se fai responsábel do contido das páxinas web ás que a usuaria ou o usuario poida acceder a través das ligazóns estabelecidas no seu sitio web e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder por medio das ligazóns.

Baía Edicións declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar calquera dano que, ás usuarias ou aos usuarios do seu sitio web, puideran derivarse da navegación pola súa páxina. En consecuencia, Baía Edicións non se fai responsábel, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet puidera sufrir a usuaria ou o usuario.

 11. Lei aplicábel e xurisdición

  • Os presentes Termos legais réxense pola Lei española. Na medida en que así o permita a lei, as partes, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, acordan someterse á xurisdición dos Xulgados e Tribunais onde recae a razón social de Baía Edicións.