Máis vistas

Liliput

REF.:978-84-96893-60-3
18,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Liliput, opera prima editada do seu autor, introdúcenos, a través dunha historia coa cidade da Coruña como pano de fondo, tamén como personaxe silencioso, na experiencia profesional de Emilio Ramallo, xornalista e gañador do Premio Nacional das Letras.

Información adicional

Ano 2008
Nº de páxinas 320
ISBN 978-84-96893-60-3
Autoría Lugrís Rodríguez, Manuel

Details

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

Liliput, opera prima editada do seu autor, introdúcenos, a través dunha historia coa cidade da Coruña como pano de fondo, tamén como personaxe silencioso, na experiencia profesional de Emilio Ramallo, xornalista e gañador do Premio Nacional das Letras, que, pouco a pouco, é obxecto dunha investigación xornalística na que se nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques, onde os personaxes, semella, non poden escapar ao seu destino. O resultado é unha experiencia vital marcada pola traizón e o fracaso.

Por fin alcanzaba a posición de dominador. Eran as propias posibilidades, independentemente da súa natureza cuantitativa, as que, agora, posuían a forza real suficiente para recuperar a miña condición de home. Tantos anos tratando de afastarme da paisaxe dos malos recordos, non abondaba para facerme perder, definitivamente, os raigaños a que me consideraba con dereito. Algo se revelara en min...