Lingua galega e Literatura 2º Bach
González Avión, Isabel e Ínsua López, Emilio XoséPresentamos o novo libro de Lingua e Literatura Galega 2.º Bacharelato, adaptado ao Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Hai no presente manual un esforzo por manter actualizados uns materiais que están avalados por unha longa traxectoria de traballo co alumnado. A constante renovación de propostas de traballo, da metodoloxía para afrontar a materia, dos proxectos para desenvolver nas aulas vai da man da importancia que concedemos aos contidos, que son os fundamentos para construír as aprendizaxes.
Este libro conta con propostas que atenden os novos retos pedagóxicos, o marco legal da LOMLOE e as normas específicas da Consellería de Educación, que motivaron a distribución dos contidos en 10 temas, para faciltar a adaptación á programación PROENS. Así:
- Reorganizamos os contidos e simplificamos as explicacións teóricas.
- No apartado Melloramos a lingua concédeselle máis importancia aos exercicios prácticos e engádense algúns aspectos aos que xa se recollían nas edicións anteriores.
- Finalizamos cada tema propoñendo dous Proxectos que permitirán desenvolver un traballo interdisciplinar (música, historia, xeografía, TIC...), a abordaxe de aspectos como a igualdade de xénero, a diversidade sexual, a natureza, a lusofonía, a multiculturalidade, o coñecemento do medio xeográfico e social, a interacción interxeracional... Así mesmo permitirán desenvolver o traballo en equipo, as competencias dixitais, as competencias orais, o sentido crítico para a procura e selección de información pertinente. Tamén teñen como obxectivos fundamentais o desenvolvemento da autoestima e da creatividade convertendo o alumnado no protagonista do proceso de aprendizaxe.
Ano: 2023
Nº de páxinas: 376
ISBN: 978-84-9995-431-8
Organización e función dos contidos en cada unidade:
Unidade 1
I. Fonética e Fonoloxía. Os fonemas
II. Unidade e diversidade das linguas
III. Melloramos a lingua
IV. Proxectos
Unidade 2
I. Morfoloxía.
II. A lingua común ou variedade estándar
III. O conflito lingüístico
IV. Melloramos a lingua
V. Proxectos
Unidade 3
I. Sintaxe
II. Situación sociolingüística actual
III. Melloramos a lingua
IV. Proxectos
Unidade 4
I. A semántica
II. As relacións semánticas
III. O cambio semántico
IV. As funcións e ámbitos de uso da lingua
V. Melloramos a lingua
VI. Proxectos
Unidade 5
I. A lingua galega entre 1900 e 1936
II. A poesía e o teatro no tempo das Irmandades da Fala
III. Proxectos
Unidade 6
I. A consolidación da narrativa galega e o Grupo Nós
II. As vangardas e a literatura galega
III. Panorama da renovación literaria galega
IV. Proxectos
Unidade 7
I. A lingua galega durante o franquismo (1936-1975)
II. A literatura galega na diáspora
III. A poesía na Galiza interior
IV. A Xeración dos 50
V. Proxectos
Unidade 8
I. A narrativa e o ensaio entre 1936 e 1975
II. O teatro durante a ditadura
III. Proxectos
Unidade 9
I. A lingua galega na actualidade
II. Tendencias da literatura galega actual (I): narrativa e ensaio
III. Proxectos
Unidade 10
I. Tendencias da literatura galega actual (II): poesía e teatro
II. Proxectos
Tamén che podería gustar