Manuais / Recursos

  1. Test de galego para oposicións: SERGAS

    13,00€

    O presente volume pretende ofrecer un método práctico orientado á preparación da proba de lingua galega no proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

    Máis información
  2. O espírito e a lama das formas

    6,50€

    Os autores da Xeración Nós, con diferentes modulacións, coinciden en facer derivar a súa concepción da natureza e mesmo a do ser humano, a da cultura e a do devir natural e histórico do dualismo ideal-romántico, ao que Otero Pedrayo apunta cando ve no imparable "devalar" das cousas a "fuxida do espíritu, a loita xornaleira da alma patuxando na lama das formas".

    Máis información
  3. Aristóteles. O mestre dos que saben

    6,50€

    Libro de apoio as asignaturas de Educación Secundaria de Cultura clásica e Sociais, aínda que tamén resulta imprescindible como apoio á Historia da Filosofía.

    Máis información
  4. A historia da arte a través das súas obras (CD-rom)

    15,40€

    CD-rom explicativo da historia da arte a través das súas obras.

    Máis información
  5. Historia de España. Selección documental

    15,00€

    O conxunto de documentos que se propoñen nesta publicación –308 en total, entre textos, mapas, gráficas, imaxes, fragmentos literarios– pretenden facilitar o coñecemento de primeira man dalgún dos aspectos máis destacados da historia de España.

    Máis información
  6. Historia contemporánea e cine. Modelos de aproveitamento didáctico

    9,00€

    A finalidade do material deste libro é proporcionar ao profesorado unha serie de modelos para traballar nas aulas con cine comercial destinado ao gran público (non o documental nin o de proxeccións dedicadas a minorías).

    Máis información
  7. O movemento romántico

    5,00€

    Primeiro volume desta serie que fala do movemento romántico, analizando o prerromanticismo, o romanticismo británico, o norteamericano, o alemán, o francés, o italiano, o portugués e, finalmente, o ruso.

    Máis información
  8. O realismo

    5,00€

    Segundo volume desta serie que fala do Realismo, realizando unha exposición explicativa deste movemento literario, seguido do realismo francés, o inglés, o norteamericano, o alemán, o italiano, o portugués, o ruso, e finalmente, o teatro de Ibsen e de Strindberg.

    Máis información
  9. Simbolismo e Modernismo

    5,00€

    Terceiro volume desta serie que fala do Simbolismo e Modernismo, entendendo por Modernismo a interpretación que deste movemento se realiza nas literaturas de lingua inglesa.

    Máis información
  10. As vangardas

    5,00€

    Cuarto volume desta serie que trata os diversos “ismos” que se manifiestan entre a segunda e a terceira década do pasado século XX. Abandónase nesta unidade a estruturación por países e linguas das diversas manifestacións literarias e abórdase o seu enfoque por movementos.

    Máis información
  11. Todo vai III ¡Funciona! (Prácticas sinxelas de Física e Química)

    25,00€

    Batería de prácticas que xiran arredor de 44 temas de Física e Química, realizábeis con materiais de fácil adquisición. As experiencias teñen en común a finalidade: axudar a visualizar os fenómenos implicados en cada caso por parte do alumnado.

    Máis información
  12. Todo vai na natureza I e II (Prácticas sinxelas de bioloxía)

    25,00€

    Primeiro e segundo volume do libro Toda vai na natureza no que se recollen as prácticas de Bioquímica, célula, contaminación, solos e as relacionadas co mundo vexetal, tendo presente que o material se poida atopar sen dificultade en calquera laboratorio.

    Máis información
  13. Fundamentos de pensamento intercultural

    8,00€

    Guía didáctica para o 2º curso de Educación Secundaria.

    Máis información
  14. Orientacións para o uso dos signos de puntuación

    10,00€

    Neste libro o autor trata de orientarnos sobre a utilización dos signos de puntuación, xa que non son útiles da escrita regulamentados e estritamente normativizados por ningunha academia ou institución.

    Máis información
  15. Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión

    30,00€

    2ª Edición corrixida. A Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e Expresión destínase a todas aquelas persoas que desexen ampliar, consolidar e sistematizar o seu coñecemento explícito do galego e resolver dúbidas de tipo teórico-práctico a nivel oral e escrito. Está concibida como un manual de apoio para as aulas, se ben pode utilizarse como un instrumento de autoformación.

    Máis información
  16. Quero xogar! Como divertir ao tempo que estimulamos

    24,00€

    Partindo da idea de que a primeira infancia é a etapa decisiva para o bo desenvolvemento psicolóxico e físico do ser humano, nesta obra propóñense 150 divertidos e sinxelos xogos para realizar con nenos e nenas de 9 a 36 meses.

    Máis información
  17. Plano de acollida

    6,00€

    Este libro achega a experiencia concreta dun grupo de traballadoras do ensino, que se viron ante o reto e necesidade de facer un traballo para o que non foran preparadas.

    Máis información
  18. Os Dereitos Humanos

    8,00€

    Guía didáctica para o 2º e 3º ciclos de Educación Primaria.

    Máis información
  19. Pistas. Guía interdisciplinar de recursos

    12,00€

    Batería de actividades de lingua, matemáticas, coñecemento do medio e expresión artística, úteis como reforzo e diversificación curricular.

    Máis información
  20. Aires de festa (guía de traballo)

    23,50€

    Cartafol con materiais para traballar en Primaria sobre catro festas tradicionais galegas (magosto, entroido, maios e lume novo), complementado cun caderno do alumnado para cada ciclo.

    Máis información